domingo, 26 de julio de 2026

UN TESOURO, UNHA PERLA

 


UN TESOURO, UNHA PERLA

Neste domingo rematan as parábolas do Reino do capítulo 13 de Mateo. Unhas pequenas narracións que nos lembran varios aspectos da acollida do mesmo. Se nas dos outros domingos nos describía a medra do Reino, hoxe á que provoca a como debemos vivir en Deus. O tesouro hachado no campo, que quen o atopa vende todo e compra o campo; o tratande de pérolas, que vende todo pois atopou unha de grande valor. Vender todo é centralo todo no que se nos presenta desde a gratuidade. O Reino non é construción nosa, non é a nosa idea, nin nos pertence. É un regalo, unha sorpresa, unha oportunidade, una agasallo. Tanto o que traballa o campo como o tratante de pérolas non están a folgar a ver se lle cae do ceo, o don ven no labor, na dedicación diaria, no traballo, na busca e na construción do ben. Unha vez máis entra en xogo o discernimento. Qué fan? Venden todo. Significa que xa a vida adquire unha visión nova desde a gratuidade, desde o don, desde o que supera todas as espectativas e desexos. 

Hoxe quixen por esta montaxe do Coto da Vella. Non deixa de ser unha parábola feita historia. A pobre muller que estaba a recoller o gando non facía máis que o seu labor diario. Deus que concede a graza de atopar un tesouro de luz e de vida que é a imaxe da Virxe da Franqueira. Xa todo cambiou, xa todo mudou pondo no centro á Virxe María. A súa vida interior, as relacións coa veciñanza, as decisións do veciños das parroquias para poderlle edificar un templo. A presenza de María, Raíña e Señor, cambia todo. Ela ponnos no centro ao seu Fillo, entréganos o don do amor de Deus. 

Hoxe celebramos a xornada dos avós e avoas, San Xoaquín e Santa Ana. Lembremos aos que fan cada día o labor de ser un tesouro de amor e de gratuitade para as súas familias. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario