domingo, 28 de mayo de 2023

OS FROITOS DO ESPÍRITO

 


Que nos convoca? Unha idea, unha paixón, un desafío, unha novidade, un placer, ou un sentir?

Xúntanos en pregaria, que abrolla do peito, o Señor, que deixa o legado da maternidade que fai dunha humanidade que pase a sentirse orfa e abandonada a proclamar a filiación, sermos fillos e fillas de de deus, e a fraternidade, sermos irmáns e irmás. O Espírito fainos recoñecer que a ollada, o pensar e o sentir do que está ao meu carón, non é descoñecido, senón que sinte, pensa e busca a verdade, o ben, a xustiza, a beleza, impulso de vida verdaeira que Deus pon no interior das súas creaturas.

Durante estes días vimos de achegarnos á escoita da Palabra coa disposición de María, e con ela pedimos ao Espírito que nos dispoña a unha resposta de fecundidade. Vimos de aceptar o risco de avanzar na peregrinación da vida conscientes das nosas limitacións, con María pedimos ao Espírito fortaleza nas dificultades. Fomos quen de adicar un temppo sereno e con calma, con María pedimos que o Espírito Santo nos regale a capacidade de discernir a presenza e acción de Deus na historia e no tempo, dos que el é o dono.

O Espírito Santo derrama en nós os seus dons, e, como a terra recibe a semente, necesita dos coidados e da frescura e do calor, símbolos do Espírito, do aire e da luz, espera que deamos froitos, que, como nos lembra san Paulo na carta aos gálatas"o froito do Espírito é o amor, alegría, paz, paciencia, agarimo, bondade, formalidade, mansedume e dominio de si".

Deixémonos facer, modelar, formar co amor de Espírito como María, froito escelso

Unha aperta moi grande neste día de Pentecostés e na Romaría das Pascuillas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario