sábado, 13 de mayo de 2023

DEIXARSE FACER POLO AMOR


Posiblemente   pensemos que os textos do evanxeo de Xoán que nos presenta a liturxia neste final do tempo pascual sexan complexos de comprender. Son recollidos nos capítulos da última cea do Señor cos discípulos. Pero fixémonos nos verbos. Por un lado os que usa Xesús referíndose á sçua acción: pedir, non vos deixairéi, volverei, verédesme, vivo, estou, amarei. Como vemos son dinámicos, abertos ao futuro, que nos enchen dunha esperanza inmensa. Nos da a certeza de estar, de cumprir a súa palabra, de permanecer no amor e garantir que non poderemos sentirnos abandoados.

Os que pertencen ao discipulado son: amar, gardar, coñecer, estar, ver, vivir, saber. Non é tan lonxe dos desexos máis fondos que temos en nós. Estamos en camiño da plenitude na acción do Señor coa doazón do seu Espírito. Asumir a súa acción supón unha grande responsabilidade que necesita da presenza efectiva do seu amor.

Convídovos a que nesta Pascua do Enfermo sexamos quen de levar aos membros das nosa sfamilias e comunidades que sufren o que o Espírito realiza en nós: saúde, confianza, entereza, fortaleza, paz, serenidade, paciencia, vitalidade, entrega.

Estamos xa a rematar este tempo pascual. Pouco nos resta para vivir o Pentecostés e contemplar a María unindo aos discípulos na pregaria á espera da esfusión do Espírito. Respondamos abríndonos a ser rexenerados coa frescura do vento da ledicia; a ser fervecentes no calor do lume do amor; a ser alumeados coa sabedoría; a ser impulsados coa fortaleza que nos expande no noso corazón,; a ser refrescados na auga viva que abrolla no noso peito, a erguernos coa ollada esperanzadora de que nada está perdido; a ser resucitados para vivir a vida nova; a ser mebros dunha familia de homes e mulleres irmáns. 

FELIZ DOMINGO


Del evangelio según san Juan:

EN aquel tiempo, dijo Jesús a sus discípulos:

«Si me amáis, guardaréis mis mandamientos. Y yo le pediré al Padre que os dé otro Paráclito, que esté siempre con vosotros, el Espíritu de la verdad. El mundo no puede recibirlo, porque. no lo ve ni lo conoce; vosotros, en cambio, lo conocéis, porque mora con vosotros y está en vosotros. No os dejaré huérfanos, volveré a vosotros. Dentro de poco el mundo no me verá, pero vosotros me veréis y viviréis, porque yo sigo viviendo. Entonces sabréis que yo estoy en mi Padre, y vosotros en mí y yo en vosotros. El que acepta mis mandamientos y los guarda, ese me ama; y el que me ama será amado por mi Padre, y yo también lo amaré y me manifestaré a él».

No hay comentarios:

Publicar un comentario