Hoxe o calendario fai que coincidan tres festividades nun so día. A parroquia santuario da Franqueira reúne aos seus romeiros, como cada mes o día 8 para honrar á Nosa Señora. As celebracións ás 11 da mañá e ás 5 da tarde é unha boa forma para renovar a nosa devoción á Nai de Deus. So queda un mes para podermos xuntar na solemnidade da Natividade da Virxe. Un tempo que será intenso para a prepararción. En breve daremos detalle de como facermos as peregrinacións e as festividades.
Este domingo tamén é festividade de Santo Domingo de Guzmán. En Prado da Canda teremos a celebración na honra do Santo Predicador cuxos 800 anos se conmemoran neste ano. Santo Domingo lémbranos a importancia da Palabra, da oración e da evanxelización.
E por último na parroquia da Lamosa sae en procesión a imaxe do Cristo da Saúde, unha talla do Nazareno coa cruz nas costas. El cargou sobre si os nosos delitos, el sandou as nosas feridas.
Unha fin de semana espEcial e intensa e que nos destaca a peculiaridade de cada parroquia.
Lembramos
Santuario da Franqueira Misa solemne en honor da Virxe ás 11 da mañá e 5 da tarde
A Lamosa: Festa do Cristo da Saúde, Misa solemne ás 12,15 e procesión
Prado da Canda: Santo Domingo de Guzmán, Misa ás 10 da mañá
No hay comentarios:
Publicar un comentario