O vindeiro luns será ben distinto dos que durante séculos coñeceu o Santuario da Franqueira. Xa o ano pasado provocou no noso interior unha fonda tristura. Por ito vos facemos partícipes das inciativas deste ano:
Seguir as celebracións polo canle youtube que temo habilitado. Recolle a celebración no altar do santuario.
Enviar as vosas oracións á Nosa Señora da Franqueira a través do correo info@afranqueira.org ou no WhatsApp 609472591
Dedicar un tempo dese día a rezar polas intencións dos romerios e peregrinos.
Unirnos na oración que pide o Papa a todos os santuarios marianos para pedir pola fin da pandemia
Temos tamén connosco no santuario a Cruz de Lampedusa, bendicida polo papa Francisco, é unha cruz realizada con restos dun naufraxio de migrantes. Un drama que nos segue a golpear e do que non podemos quedar ao marxe e indiferentes
Tamén está colocado no santuario un cadro do pintor viguén Anxo Lemos que representa a escea da procesión da Virxe da Franqueira na festa da súa Natividade.
Se tes previsto peregrinar nalgunha ocasión durante os meses de verán, por favor comunícao para coordinarnos a info@afranqueira.org
Deixamos os horarios para que os lembredes
No hay comentarios:
Publicar un comentario