Nesta semana fíxose unha reforma no campanario do Santuario da Nosa Señora da Franqueira. Levaban xa uns anos necesitando un arreglo. Os mazos do sistema eléctrico estaban bastante deteriorados. Os xugos de madeira sufrían bastante deterioro. A obra acometida foi a de cambiar un dos sistemas, o da campá grande, e cambiar a posición de todas de xeito que agora tocan por dentro. Desta forma o sonido é máis orixinal e non dana tanto a campá. A madeira foi tratada cun líquido protector e os elemento de ferro pintados coa cor propia.
Todo o traballo supón unha inversión de 1.600 € que nesta semana será abonados
Aproveito a ocasión para describir someramente cada unha das campás
A campá pequena é a máis antiga e data do ano 1765
A campá mediana é do ano 1858 e ten grabado o nome do párroco D. Domingo Garrido Costal
A campá maior foi colocada n ano 1888. Fabricada en Braga, Portugal, nos talleres de Narciso Antonio da Costa sendo párroco D. José Gil Rodríguez. O seu custo foi de 6.873 reais e os dereitos do paso do río Miño 603.
O son destas campás acompañaron a milleiros de peregrinos e romeiros. Que sigan a ser o son das pregarias que se extenden polas montañas da Paradanta e ascenden ata o ceo.
Xabier Alonso
08-05-2021
No hay comentarios:
Publicar un comentario