Rematou o 2020. É tempo de facer balance. Non so das contas de xestión da nosa Cáritas interparroquial, senón tamén por en perspectiva de futuro a nosa acción.
Primeiro, antes de nada, quero manifestar o agradecemento aos voluntarios e voluntarias. Nestes meses tan complexos, aínda que se paralizaron moitas das accións, estiveron ben atentos ás necesidades. Estamos a punto de dar un xiro na reflexión e la acción. Graciñas as que levan tempo na brecha, a aos que se está a incorporar e os que no futuro poidan formar esta comunidade de caridade.
Grazas ás parroquias de Franqueira, Prado e Lamosa pola entrega.
Dar as grazas aos donantes. Moi xenerosos e entregados. Sen eles non será tampouco posible. Aos que mercades o mel, aos que visitades o noso mercadiño ou os que deixades a vosa doazón.
Aos que traedes roupa e calzado, ou outros enseres para o proxecto textil. Xa temos un contenedor no adro do santuario. Queremos apuntar que é convinte traer a roupa en bolsas pequenas. A roupa ou enseres que están sen estrear sería bo entrahlos aparte. Graciñas.
Grazas a todos isto fomos quen de dar un respiro nestes tempos tan difíciles a 29 familias, composta por 80 persoas, que son 49 adultos e 31 menores.
O noso futuro está cheíño de esperanza, de novos camiños e de ganas de levar adiante o labor.
Aquí tedes as contas. Graciñas
CONTAS CARITAS INTERPARROQUAL DE NOSA SEÑORA DA FRANQUEIRA
INGRESOS
Colecta 1º domingo de mes: 1.209,45 €
Socios 400€
Mercadillo 360 €
Venta mel 635 €
Donativos 5.110 €
Peto de San Antonio 448,82 €
Comunicación de bens
25% da colecta
1º domingo para a cáritas diocesana 302,36 €
Colecta de Corpus 215 €
Total de ingresos 8.378,27 €
Restar comunicación de bens 517,36 €
INGRESOS: 7.860,91€
GASTOS
Compra de alimentos: 2.958,84 €
Axudas económicas familias 1.054 €
Compra estufa local 104 €
Compra mel 432,50 €
Actividade interparoquial 350 €
GASTOS 4.899,34 €
REMANENTE 2.961,57 €
A ISTO HAI QUE SUMAR
OS CENTOS DE KILOS DE ROUPA, CALZADO, XOGUETES DOADA PARA O PROXECTO TEXTIL
DURANTE O CONFINAMENTO VALES EN CONXELADOS DE HIPERXEL,
1000 KILOS DOADOS EN FARIÑA E PAN RAIADO
UN PALET DE ZUMOS
XESTIÓN DE ENTREGA DE MOBLES PARA AS FAMILIAS
AS DOAZÓNS DECENTOS DE KILOS DE COMIDA, LEITE E OUTROS PRODUTOS ENTREGADOS NAS IGREXAS
Fogares atendidos: 29
Persoas 80: 49 adultos e 31 menores
As atención, escoita, entrega alimentos e outras emerxencias: máis de 320
MOTAS GRAZAS
No hay comentarios:
Publicar un comentario