domingo, 1 de noviembre de 2020

SANTIDADE. 1º de novembro

 


Bos días. Un afectuoso saúdo no comezo deste novo mes.
Facémolo coa Solemnidade de todos os santos e santas. Unha grande festa no ceo que resoa no corazón de cada un, pois descúbresenos un camiño de benaventuranza e vida para todos. Si, cando di todos, é todos. Non se exclúe a ninguén deste agasallo. "Sede santos como a Pai", "Sede misericordiosos, compasivos... coma o Pai". Non é un comparativo, senón un identificativo, a nosa identidade é ser imaxe, rostro, icono, reflexo, impronta, todo o que poidamos engadir. E todo grazas a quen nos manifestou o amor primeiro, Cristo, que nos ensina, coa paciencia e a comprensión do amante, a sabermos andar pola vida.

Quero convidarvos meus amigos e amigas, a non erder a esperanza, a sabermos que temos un garante que vela por nós. Hoxe a lectura da Apocalipse lémbranos que a gloria, o poder a sabedoría, a honra, a acción de grazas perténcelle a El, o año que se entrega por nós. Un canto de esperazna no desalento e persecución dos primieros tempos. Hoxe, segue a ser un canto de esperanza cando cae sobre nços a lousa do desalento, da indiferencia de moitos, ou o interrogante de, Onde está o teu Deus?

O noso Deus camiña conosco, el é o noso refuxio e forza, o castelo onde nos amparamos. É o que desde o cumio do monte berra a un mundo traspasado polo egoísmo e a violencia, "felices os pobres, os que choran, os perseguidos, os misericordiosos, os que traballan pola paz..." e dinos coa serenidade da fe "Felices cando vos persigan e calumnien pola miña causa..."

Hoxe achegámonos a Xerusalén do ceo e participar das festa dos que foron lavados no sangue do Año. Tamén entramos nos nosos cemiterios e lembrármonos dos que ali descansan. Si, pois a verba cemiterio, procedente do grego ‘koimeterion’ significa dormitorio, lugar onde nos detamos a descansar. A vida é un traballo e leva o seu traballo facela conforme a vontade do nos facedor, pero aí está a clave en poñerno a deixarnos facer, coma o oleiro prepara o cacharro con paciencia e sabendo que cada unha das pezas que amasa no barro ten a súa identidade. Non son todas iguais, son de tempos e espazos distintos, e o barro, aínda que é da mesma mina, é específicamente ese o que fai posible a obra. Así tamén nós, cada un somos do feitío do amor do Pai, e temos un selo de amor que nos ven do alento vital que derrama en nós o Espírito.

Co paso do tempo fanse, grentas e fendas, perde o vigor do comezo, ten estrías ou se lle incrustan imnpurezas, pero a pesares de todo, conserva a súa beleza, a feitura do artesán. E nestes cacharros levamos un tesouro, o que nos ten amosado o Fillo. Non o estraguemos, coidemos desta obra.

Durante este día convídovos a que vos unades na pregaria agradecida. Vos animo a renovar a esperanza no camiño, a contemplar a benaventuranza como destino. 

Podedes entrar no enlace que tedes a continuación para ver os protocolos da diocese sobre cemiterios e a oración para rezar polos nosos finados. Que teñades todos un feliz día

Xabier Alonso

https://www.diocesetuivigo.org/vicaria-pastoral-cartel-protocolos-cementerios/


AQUI TES A ORACIÓN POLOS DEFUNTOS PARA REZAR NA CASA OU NO CEMITERIO

http://www.afranqueira.org/archivos_editor/file/ORACI%C3%93N%20-%20DEFUNTOS-gal%20(1).pdf


PODES VER OS HORARIOS DAS CELEBRACIÓNS









No hay comentarios:

Publicar un comentario