domingo, 26 de abril de 2020

CARTA AOS NENOS E NENAS

Presnentación dos nenos á Virxe da Franqueira
Algo tan sixelo como sai r da casa nunca se converteu a algo tan importante.
Unha oportunidade de disfrutar do sinxelo. Saír collidos da man de quen nos quere para tomar o aire, camiñar, gozar do que nos é regalado, porque ao fin o mellor que temos é o que nos ven dado de valde. 
Que gran gozo e alegría poder estar cos nosos e camiñar co que temos, non so co que desexamos, senón do que nos entregan.
Esta mañá quixen lembrarme dos máis pequenos e ver como cada familia e toda a sociedade quere facer este regalo a vós. ¡Qué gran lección!
Estes días pasados veía como nas noticias puñan o que esperaban os pequenos da casa: saír a xogar, estar cos amigos, ir á escola (nunca se converteu en tan desexable ir ao colexio como agora, ir ao parque, estar cos avós, e hoxe tivestes a oportunidade de facelo.
Moitas felicidades.
Pasarán os anos e lembraredes, ou non, estes días con gozo. Cambiounos a vida a todos pero ben seguro que para mellor. 
Agora tócanos ensinarvos que disto que disfrutamos é un regalo: o sol, o aire, os amigos, a familia, os xogos, non se compra con cartos, senón que é un regalo. Loitar por cousas non vale moito.
Esta tarde noite xa é distinta, e os días que veñen tamén.

Hoxe quero presentar á Virxe os vosos risos, a festa de chimpar, correr, rir, ser nenos e nenas que disfrutades da vida. 
Quero pedirvos un favor. Cando teñades tempo, que supoño que sí, fagades nunha folla un debuxo, o que vos queirades facerlla á Nosa Señora da Franqueira. O fagades con cariño, cos vosos pais, e lle escribades a vosa oración á Virxe María. Ma podedes enviar a info@afranqueira.org ou ao wapp 609472591 e eu a imprimirei para por diante da maxe da Virxe. Quero adornar o altar da Virxe cos vosos debuxos para lembrar na oración que estades nesta casa con ela, e  están as vosas familias.

Meus amigos. Hoxe lembrade a Xesús, na casa de Nazaret, con María e Xosé, facendo os labores de cada día, aprendendo e colaborando, sendo neno. 

Sede moi felices

Rezo por todos
Xabier Alonso
26-04-2020

No hay comentarios:

Publicar un comentario