martes, 5 de marzo de 2019

ENTROIDO



Hoxe, martes de entroido, remata os días de enmasacardos. Xa albisca polo furado da porta o mércores da cinsa. Se no Nadal ou noutras datas do ano se vive cun senso consumista, estas festas do entroido non se escapan. A que a coresma non ten ese problema? A ninguén se lle deu por facer unha campaña de marketing porque ven a coresma. UFFFF!!! Esperemos que siga así. En que ibamos gastar? Paquetes de cinsa? Penitencias ao mellor precio?
Que fácil é divertirse. Pero que complexo o facemos. Moreas de cartos quedan estragados e son fartura en van. Non son máis que estouridos  que fan barullo e quedan resoando, pero sen máis que deixar un leve recordo.
Non hai moito houbo quen me dixo que para que cambian os festivos dun ano a outro e non podía ser nos mesmos días. Que o goberno bote man disto, comentaba. Xa moitos non saben que o entroido está como antesa da coresma,e que esta, nos prepara para a Pascua. Quen é o centro do ano é Cristo, no seu Misterio de morte e resurrección. E para podermos celebrar necesitamos deixar atrás as  pantallas coas que ocultamos a nosa realidade caduca.
Hoxe poño unha foto das caretas que simbolizaron na celebración do domingo a friaxe de non ser nós mesmos. 
Non teñen ollos, porque non ven ao seu redor, so a si mesmos e unha imaxe distorsionada da vida.
Non teñen orellas, porque non oen o que pasa e so as súas vanalidades.
Non abren os seus beizos, porque non teñen nada que dicir.
Non teñen expresión, nin cor, porque non teñen alma, nin ledicia.
Rirse a gargalladas non quer dicir que sexamos felices.
Aposto por un entroido san e unha coresma que nos leva á santidade.

Feliz martes de entroido
Xabier Alonso
05-03-2019

No hay comentarios:

Publicar un comentario