miércoles, 20 de marzo de 2019

PODEMOS



Tranquilos, non vou falar de política, senón da resposta de Santiago e Xoán a Xesús. Podedes beber o cáliz que eu teño que beber?. E vaia, si que son decididos, podemos, responden. Ben é certo que a experiencia da historia cambiou un pouquiño a fórmula de respota. Cando o bispo pregunta na ordenación sacerdotal sobre os compromisos da misión, respostamos "si, coa graza de Deus. Dicimos si, sen condicións, coa entrega e a xenerosidade de quen se sabe chamado, pero en nós non está levar adiante todo isto se non é coa graza de Deus. 
Do mesmo xeito, non digamos, nós si, podemos. E tirámonos á piscina e imos de sobrados. Somos os máis xenerosos, entregados, serviciais, daditativos, abnegados, traballadores, caritativos, compasivos, e xa sabedes "dime de que presumes...". E imos coas fórmulas máxicas para resolver a economía, a política, os conflictos diplñomáticos, o cambio climático e se me apuras a traxectoria dos planetas que parece que teñen algún fallo de fábrica. E non digamos cando non so podemos, senón que sabemos, e se non funciona é que os demáis non queren, ou que poñen trabas e obstáculos á miña bondade. Vaia, que poder podemos, pero, como somos tan bos, hai moita envexa e non nos deixan.
Moi ben. Xa está resolto o problema da miña inactividade e da indiferencia. Adornamos a cobardía e a dormir tranquilo. 
Claro que xa non nos atrevemos a dicir podemos, cando non estamos dispostos  a ser servidores, servos, escravos. Podemos se somos os xefes.
Esta coresma lembra que o poder en Cristo é servir, amar, entregarse.
Agora xa cambiou o conto e teño que dicir "se ti pensas, Señor, que para ti podo servir, pois dime ti onde me podo entregar"
Grazas, Señor por facerme o teu servidor nos irmáns

feliz día
e moito amor á cruz
Xabier Alonso
20-03-2019


Evanxeo: Mt 20, 17-28
Unha vez, segundo ían subindo a Xerusalén, chamou Xesús a un lado aos doce polo
camiño e díxolles:
--Vede que subimos a Xerusalén e o Fillo do Home vai ser entregado aos sumos
sacerdotes e máis aos letrados; condenarano a morte e entregarano aos pagáns
para que fagan riso del, o azouten e o crucifiquen, pero ao terceiro día resucitará.
Entón achegóuselle a nai dos fillos do Zebedeo cos seus fillos prostrándose para
pedirlle algo. El preguntoulles:
--Que queres?
Respondeulle:
--Manda que estes dous fillos meus senten un á túa dereita e outra á túa esquerda
no teu Reino.
Respondeulle Xesús:
--Non sabedes o que pedides. Poderedes beber o cáliz que eu teño que beber?
Respondéronlle:
--Podemos.
Xesús replicou:
--O meu cáliz beberédelo; pero o sentar á miña dereita ou á miña esquerda, iso
non depende de min concedelo, é para quen o meu Pai o ten preparado.
Ao escoitaren isto, os outros dez, anoxáronse todos cos dous irmáns. Entón Xesús
chamou por eles e díxolles:
--Xa sabedes que os xefes dos pobos tiranízanos e os poderosos asobállanos. Pero
entre vós non pode ser así, nin moito menos. Quen queira ser importante, que sirva
aos demais, e quen queira ser o primeiro, que sexa o máis servidor; porque o Fillo
do Home non veu a que o sirvan, senón a servir e a entregar a súa vida en rescate
por todos.



No hay comentarios:

Publicar un comentario