jueves, 25 de octubre de 2018

XVI PEREGRINACIÓN DO ROSARIO




Unha nova invitación a unirnos na pregaria con María. Nesta ocasión o vindeiro sábado 27 de outubro. Na súa XVI edición a Peregrinación do Rosario estará centrada na contemplación de María na súa vocación, na chamada que Deus lle fai, para ser Nai do Salvador. Ela, xove, mociña humilde dunha aldea cahmada Nazaret, sorprende coa súa xenerosidade, e dí si.
Poñendo o noso corazón no Sínodo do xoves que se celebra en Roma, o noso futuro na programación pastoral da Diocese, a nosa esperanza no Señor que segue a chamar, convidamos a todos a participar nunha nova camiñada de oración, serena e alegre.





No hay comentarios:

Publicar un comentario