viernes, 18 de mayo de 2018

NOVENA Á VIRXE DA FRANQUEIRA. DÍA 7º. ALEGRÍA DO EVANXEO




Felices, benaventurados, benditos, alegres... non son unha quimera, senón a identidade do crente. Temos recibido en nós o Evanxeo, a Boa Nova, deixándonos facer polo Espírito, damos vida en alegría, en benaventuranza. 
Feliz María, por teres crido, lle dixo Sabela. Feliz o ventre que nos trouxco a ledicia. Feliz que deu a luz a Boa Nova da Salvación.
En María, somo nós, Igrexa que recibe o Evanxeo, a Cristo, na escoita da Palabra, facéndonos na conversión, na pregaria unánima, no Sacramento e na Caridade. 
Igual que aquela muller berrou no medio da multitude, así os extraños dicían dos primeiros crentes mirade como se aman. 
Quen son admirados? Os que se abandoan en Cristo, saen ao encontro do ferido polo pecado dos homes, do que, provocado pola urxencia do Señor leva a Palabra e o Reino a todas as creaturas, ata a fin do mundo. Non é para que falen ben de un, senón para que xuntos bendigamos ao Señor.
Alegría e evanxeo van xuntas da man.
Invito a que collamos calqueira evanxeo e fagamos unha lectura buscando as veces que se le alegría, gozo, bendición, benaventuranza, felices, e poidamos sorprendernos da mensaxe alegre que ten o evanxeo.

Hoxe como tes a cara?. Tes un sorriso?. Regálallo a todos.

O vindeiro luns a Franqueira será unha explosión de ledicia sana que nace do encontro co Señor, por María e cos irmáns na fe. 
Permíteme que te poña como tes de vivencia que ao rematar a Romaría poñas esta frase ¡Qué ben me fixo vir á Franqueira!. Se non é así revisemos o motivo, porque hainos que pensan que ese día van ser máis felices porque se escedan. Pero canto, polos seus excesos acaban unha mala tarde?. 
Que ben nos fai vivir a nosa fe, ser sanos e ser santos.

Hoxe regalamos estas cantigas de hai moitos anos.


CANTIGAS NOVAS
I
Nosa Señora da Fonte
Virxe santa da Franqueira;
no monte ten a casiña
para todos sempre aberta.
Xentes fidalgas da vila
probes labregos dáldea,
rezando van monte arriba,
a ver a Virxe de pedra.

II
As espigas do centeo
cando a Virxe santa pasa,
bambéanse cará Ela,
para , humildosas, saudala.
E dispois aquel panciño,
do centeo da montaña,
benzoado polá Virxen,
ten dos anxiños a gracia.

III
A caminata foi longa,
e muito as andias pesaban.
De traguer a carga o limbo
a xente quedou cansada.
Mentres a hora non chega
de tornar de novo á casa
os que de lonxe viñeron
ó pe dun freixo descansan.

IV
Dispois de xantar os mozos,
á sombra mol d´un carballo
tanguen as gaitas a dúo
a carón do santuario
E a música ten na tarde
divino son d´himno sacro,
que por ser tan garimoso
baixas´ó ceo a escoitalo

V
¡Adiós Virxen da Franqueira!
¡Adiós naiciña querida!
¡Hastr´o oito de setembre
e pro ano nas “Pascuillas”!
Des d´o teu altar de pedra,
os nosos pasos vixía;
líbranos de peste e fames,
e protexe as nosas vidas.

Benedicto Conde
Faro de Vigo
9 de xuño de 1957

Feliz día

No hay comentarios:

Publicar un comentario