miércoles, 16 de mayo de 2018

NOVENA Á VIRXE DA FRANQUEIRA. DÍA 5º. A PARROQUIA, GARDAR NO CORAZÓN



O texto que contemplaremos hoxe no rezo da novena é a escena do xovenciño Xesús que queda no templo de Xerusalén. Despois de tres días na súa busca, atópano no medio dos doutores  dialogando con eles.
Viñan de facer a pregrinación, como nestes días estamos a preparar nas parroquias a peregrinación para acudir á Romaría das Pascuillas.
Resulta chamativa a conversa entre nai e fillo. Un corazón aguriado pola situación e que ante o seu fillo non lle recrimina, senón que abre a unha resposta sincera. Non o xulga, nin lle ameaza, non avengonza diante daquela xente. María lle invita, desde a súa situación persoal a reflexionar no que está a facer. "Mira que teu pai e máis eu adamos cheos de angustia en busca túa". 
Ben a indicar, o que fas ponnos tristes, queremos saber por qué o fixeches, cal é o seu sentido.
A resposta tamén é unha chamada a pensar "non sabiades que teño que ocuparme nas cousas de meu Pai?".
Á luz deste camiño de oración que facemos con María, Nai da Igrexa e na espera do Espírito, convídame a ver:
Que a Igrexa é nai e mestra, educadora. Como tal vive cada unha das situacións dos seus membros. Como educadora necesita desnvolver as actitudes para acompañar e coidar de todos. Saber chamar á reflexión, a dar as ferramentas para que cada quen saiba elaborar o pensamento adecuado para formar a súa conciencia.
Que o primordial é cumprir coa vontade do Pai, non buscar outros intereses. A tarefa da comunidade crente ten no seu cerne anunciar a Salvación, a conversión, a misericordia, a Boa Nova.
Que así como María gardaba todas estas cousas no corazón, sexamos unha Igrexa que garde coma un tesouro o recibido e experimentado en cada momento vendo a salvación e intervención de Deus.
Unha Igrexa, coma o fogar de Nazaret na que nos preocupemos e coidemos uns dos outros.

Así, cada parroquia e este santuario, necesitamos desenvolver as accións e tarefas como expresión da efusión do Espírito. Netse lugar, onde María se preocupa por nós, como signo da Igrexa, hospital de campaña, moitos corazóns doentes pola angustia, moitas persoas feridas pola desesperanza e a tristura, moitos golpeados pola enfermidade, veñen buscar consolo e sosego na tenrura da nosa Nai. Queremos neste día renovar o noso compromiso na tarefa pastoral ao servizo dos que necesitan axuda.

GARDAR NO CORAZÓN

Pascua de liberdade,
Pascua vida que Deus entrega,
a Xerusalén saíches, e fixeches o camiño,
pobo peregrino que agradece, loa e bendice
a quen nos liberta e da vida.
Na comitiva vai o novo Moisés
que vai a casa do Pai
para falar cara a cara como aquel no deserto
que dialogaba como un amigo.
A tenda do encontro, templo dun pobo,
un pobo en camiño, que sabe que é certo,
chegar á fin, a pascua do tempo eterno.
E queda no santuario, e van pasando os días
e o corazón de María
busca, busca e atopa a quen non está perdido
el ben sabe onde hai que estar.
No medio daquel lugar
a sabedoría queda manifesta,
doutores e sabedores da lei
que sorprendidos escoitan e calan.
Axúdanos María a gardar no corazón,
ensínanos a contemplar a sabedoría
que busquemos en todo
facer o que o Pai nos manda


AQUI TES O ENLACE PARA ESCOITAR OS CANTOS DA CELEBRACIÓN DA MISA SOLEMNE DA ROMARÍA DAS PASCUILLAS





Xabier Alonso
(16-05-2018)

No hay comentarios:

Publicar un comentario