jueves, 25 de agosto de 2016

FRANQUEIRIÑA




Nunha ocasión o corazón de Deus palpitou doutro xeito,
gustou de saber que chegaba o momento e namorou á doncela
xove mociña de Nazaret que agaiolou como un paxaro apresado
e o corazón do eterno soou co ritmo do humano.
Abertos os ollos cara ao infindo
respostou a escraviña ser entregada ao Señor
infindo e eterno, como o amor do Creador,
fanse posuir no ventura da que se fai Nai do Salvador.
Namorada está María desde sempre escollida
agora somos nós os atrapados 
para non deixarmos esvarados
a alma polo pecado
abertos nos temos azos
de eternidade e vida
danos oportunidade
de abrirnos tamén á nova vinda.
Nacidos no berce
á gracia a ao amor
saímos nosa naiciña
Virxe Franqueiriña
a saudarte na loor.
Namorados pola misericordia
abrimos camiños ata ti
espéranos na Porta Santa
para facermos contigo
a festa do perdón.
Misericordia e amor
no perdón e na caridade
para voltar aos fogares
levando no seo lumieiras de irmandade.

Nosa naiciña da Franqueira
roga por nós

No hay comentarios:

Publicar un comentario