viernes, 4 de octubre de 2013

A Caridade nas Romarías da Franqueira

A Festividade dos Poxos, o domingo 22 de setembro, foi a mostra palpable da Caridade como froito da oración e do encontro coa Virxe María. Xa se tiña anunciado que nese día, adicado ás poxas das ofrendas feitas á Virxe, sería unha xornada para facer partícipes ós máis necesitados da nosa ledicia vividas ó carón da nosa Naiciña do Ceo. Por un lado esa subasta, na que recaudaron 1.300 €, foron enviadas ó proxecto da construcción dunha parroquia en Zambia. O noso compañeiro sacerdote Xosé Manuel Bernárdez Gándara está a comezar a apaixoante labor de construir unha nova comunidade parroquial neste país africano. Como non podía ser menos este santuario únese a este labor misioneiro. Xa foron ingresados nas Obras misioneiras pontificias e entregados con gran ledicia. Queremos abrir as portas deste santuario a proxecto de índole universal, así, grazas á xenerosidade dos devotos, xa temos colaborado na construcción dun pozo nun centroeducativo e asistencial en Salvador, un comedor para os nenos da rúa en Paraguai, a construcción dunha ermida adicada á Nosa Señora da Franqueira en Zambia, da que podedes ver na foto con qué orgullo amosan a lona coa foto da Virxe. Pero non queriamos esquecernos dos máis cercanos e fixemos unha chamada a colaborar coa inicial Cáritas interparroquial. A recollida de alimentos (arroz, legumes en conserva, outras conservas alimenticias, pastas, galletas, cacao, garbanzos, lentellas, etc), deu como resultado a recollida de 200 kilos de alimentos que xa comezaron a distribuirse entre familias da contorna do Santuario coas que estamos a axudar nestes tempos tan complicados. A todos moitas grazas pola xenerosidade, a entrea destes alimentos e axudarnos uns a outros a madurar na solidariedade que se fai mostra da caridade infundida por Deus nos nosos corazóns. Unha anécdota: Nestes días unha cativa que ven coa súa familia a Misa viu os alimentos onda a imaxe da Virxe e de San Antonio, onde durante todo o ano se fai a recollida dos alimentos. Os nenos, coma sempre, están ó seu ritmo e maquinando nos seus adentros. Pasados uns días voltaron ó santuario e todo estaba recollido. A nena entra onda San Antonio e comproba que o cesto está valeiro. Sae correndo e, cahmando polos seus di: "Mamá, mamá, se lo comió todo". Coa mesma espontaneidade que esta nena dicimos, "Se lo comió todo", sí, todo está repartíndose para alimentar. Pero sobre todo queremos alimentar a esperanza de moitos. Que a Nosa Señora da Franqueira alente a todos nas súas fraquezas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario