miércoles, 25 de septiembre de 2013

Exposición "Magníficat". Unha proposta cultural desde a fe.

"Magníficat" Xa pouco queda para a inauguración da exposición conmemorativa do Ano Xubilar da Franqueira e o Ano da fe. A sá da Casa das artes de Vigo está a converterese nun lugar de referencia da arte sagra desta cidade e da Diocese no vindeiro mes. Comeza a exposición ca proxección dun pequeno vídeo onde se explica, de xeito somero, a historia deste gran santuario diocesano e as celebracións das dúas grandes Romarías, que cada ano, acollen a milleiros de peregrinos. En tres espazos diferenciados, Pedra, Auga e luz, tres elementos universais, explícase a través das obras expostas, a historia do antigo mosteiro e do santuario, da vida da Virxe María e das celebracións, Romarías e da Coroación da imaxe hai 50 anos. O visitante pode deixarse sorprender pola magnitude do exposto, da calidade das obras e das curiosidades que se ofrecen. Obras en pedra, imaxes en madeira, proxectos non logrados, orfebrería, obras en bronce e metal, fotografías antigas e actuais, publicacións, pinturas, traballos en tela... todo para amosar o que foi, é e seguirá sendo o santuario da Franqueira e a devoción á súa padroeira "A Virxe da Fonte da Franqueira". Un traballo que están a levar adiante os comisarios, D. Santiago Vega e D. Andrés Fuertes, ós que estamos e estaremos esternamente agradecidos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario