lunes, 21 de octubre de 2013

XI PEREGRINACIÓN DO ROSARIO

Unha fermosa oportunidade para vivir unha peregrinación de oración con María. O camiño desde A Lamosa ata a Franqueira convértese nun espazo de oración e encontro no último sábado de outubro. Unha chamada á escoita da Palabra de Deus, da pregaria, do canto agradecido, da súplica. Todo en torno á Virxe María que nos convoca neste camiño, imaxe da nosa peregrinación da vida. Hai once anos o Beato Xoan Paulo II declaraba un ano do Rosario. Desde entón, o último sábado de outubor, mes do Rosario, celébrase esta peregrinación desde A Lamosa ata o Santuario da Nosa Señora da Franqueira. Saímos ás 4 da tarde, e alí, na igrexa da Lamosa rezamos o primeiro misterio. Encamiñámonos para realizar, con calma e serenidade, nun ambiente de oración, á capela de San Miguel de Corzós. Despois de termos rezado o segundo misterio continuamos cara a igrexa parroquial de Prado da Canda, e, diante da Nosa Señora do Rosario rezamos o terceiro dos Misterios. Retomaremos a estrada ata chegar á Fonte da prata, onde se reza o cuarto dos misterios. Finalmente no Alto da Corozación tense o último dos Misterios. No Santuario celébrase a Eucaristía en honor da Virxe e finalizada a peregrinación volven os conductores dos coches ata A Lamosa en autocar. Esta peregrinación celébrase anque chova.

No hay comentarios:

Publicar un comentario