domingo, 4 de enero de 2015

NADAL: UN PROXECTO DE VIDA





Ás veces facémonos ilusións e imaxinámonos o que imos facer cunha inxenuidade impropia dos hamoes e mulleres calculadores e amantes da ciencia de hoxe en día. Eu, polo menos, vivo esta inxenuidade, e creo que as cousas pódense facer ben, por si mesmas, pola súa mesma natureza deben tender ó ben, á beleza, á verdade e á xustiza; como se estivese inscrito no seu interior. Esta inxenuidade lévame a deixar moitas cousas á imrovisación, e así me vai, pensado que todos, pola nnosa madurez, pola nosa formación ou, simplemente, polo paso dos anos, temos que funcionar por nós mesmos. Pero nos é así, a vida dos cristiáns está moi ben recollida no evanxeo, é un camiño, unha itinerancia, un proceso, un traballo, un progreso continuo, cos seus máis e os seus menos, pois así é tamén a vida dos homes. 
Nestes últimos días do Nadal, co cansancio propio da acumulación das festividades e dos compromisos, posiblemente moitas cousas non levan sido como un esperaba ou imaxinaba, e simplemente, porque nos deixamos levar pola inercia e o crer que todo funciona so, como unha manecilla que está a xirar e lograr que todo sega a funcionar. Meus amigos Deus non improvisa, arrisca, sí, pero el ten un proxecto para nós e fainos experimentar a novidade continua de que El é o gran facedor que, nos ten escollido desde os comezos de toda a historia para vivirmos na súa santidade, no seu amor. ¿Hai algo máis grande?, podemos esperar algo mellor?, por iso a vida de fe é un continuo buscar a vontade do Pai, como María, acollendo, escoitando e aceptando. A Ela quero unir a miña pregaria por todos. Que xuntos descubramos o proxecto do Señor, é un proxecto de vida, de alegría desbordante, de unidade, de amor. Poderemos negarnos?
Feliz domingo

Javier Alonso
A Franqueira

No hay comentarios:

Publicar un comentario