NON TEÑADES MEDO
Despois de que Xesús ten enviado o domingo pasado aos apóstolos a anunciar a Boa Nova, sandar. liberar, resucitar... abrir camiños de esperanza, facer presente o Reino, hoxe transmítenos unha mesaxe de confianza "non teñades medo". As ameazas de querer vivir a fidelidade á fe e ser unha mostra do amor de Deus deixándose facer por el, veñen de dúas direccións: externas e internas. O profeta, se é fiel ao Señor, sempre intenterán calalo, como lles pasaba aos da Antiga Alianza e lle pasou a Xesús. Porque o ben deixa ao descuberto as maldades e incoherencia de moitos, tamén as de un mesmo, pois o camiño do ben esixe humildade e paciencia con un mesmo. Externas ameazas que non aceptan as benaventuranzas, nin a fraternidade, nin o reparto xusto dos bens. Elixir o camiño da caridade é arriscado.
As ameazas internas desgastan o corazón, atenazan a esperanza, limitan a creatividade, pois os medos son como o vértigo que se sente nunha estrada que ten ao lado un barranco. Xesús une estas dúas vías e alértanos:
Non teñades medo a ser pregoeiros da verdade. Estamos sempre en búsqueda e non debemos cesar en afondar cada día nese inmenso océano da verdade que nos esixe coherencia e fai posible o esqueleto dunha edificación que se mantén en pe e acolle a todos como nun fogar.
Non teñades medo a quen quere arrebatar a vida. Deus permanece fiel ao carón do débil, libérao das súas cuitas e lévao polos camiños do ben.
Non teñades medo ao que poñen prezo á dignidade da persoa e os venden polo beneficio económico a costa da liberdade e facéndoo dos débiles moeda de cambio. O valor da persoa humana, da súa dignidade está na entraña do mesmo Deus.
Non teñades medo. Pero ponte na pel dos que son victimas, dos que lles quitan a vida, dos que lles negan a verdade, dos que lles mercadean coa dignidade, dos que lles arrebatan a esperanza. Con eles, neles está o Señor.

No hay comentarios:
Publicar un comentario