lunes, 1 de diciembre de 2025

CTEDRAL DE TUI

 


CATEDRAL DE TUI

Hoxe, na nosa diocese de Tui-Vigo, celebramos a festividade litúrxica da Dedicación da Catedral de Tui, igrexa nai da nosa comunidade, desde onde o bispo preside a Igrexa na súa cátedra. Onte, conmemoráronse os 800 anos desta dedicación, festividade de Santo André, apóstolo do señor, irmán de Pedro, e que nos remite a viaxe de León a antiga sede da Igrexa en Oriente que preside o suceror de Andrés apóstolo. Esta referencia a fago porque todo edificio onde se reúne unha familia é un fogar, e o que máis valoramos do mesmo é que se viva en unidade e harmonía. Pedro e Andrés, cos seus sucesores, e o noso Antonio Valín sucesor de Esteban Egea, aquel prelado que rematou o templo e o consagrou no 1225. Onte como un signo de unidade os bispos de Galicia, xunto cos do norte de Portugal, presidiron a Eucaristía coa que se abría o Ano xubilar que nos concedeu o Papa con motivo desta efeméride. Un fogar, unha casa, na que nos reunimos para estar xuntos, para compartir a vida, para escoitarnos, para medrar na unidade e no amor.

Cristo é o templo que nos une, Cristo é o que se fai presnete na comunidade dos que cren e son consagrados polo bautismo, Cristo é o sacerdote polo que se nos ofrece o sacrificio de redención, Cristo é o que nos envía a sermos templos do Espírito, Cristo é o que nos alenta a descubrir a súa presneza no irmán que padece.

A catedral de Tui está nunha colina, hai que ascender, subir, como quen vai en camiño a Xerusalen. Subamos como pobo peregrino ao monte do Señor. A catedral está edificada sobre unhas extensas rochas naturais, o fogar da fe está construido con pedras vivas na rocha de Cristo. A catedral ten na súa portada apóstolos, profetas e santos, é a grandeza da Igrexa que vai medrando na santidade e no amor. A Catedral de Tui ten como titular a María, a Nai de Deus, na súa Asunción aos ceos. María acóllenos como fillos na casa, e sempre atenta ás nosas necesidades dános consolo, aléntanos na esperanza para camiñar como discípulos ao ceo, a Xerusalén festiva.


2 comentarios: