jueves, 25 de diciembre de 2025

NADAL: MENSAXEIROS DE PAZ


NADAL: MENSAXEIROS DE PAZ 

Xa estamos no Nadal e comeza o novo día cheo de risos e cantos, de ledica compartida. 
Hoxe na cidade de Belén de Xudea, nunha corte, por non haber sitio na pousada, de María Virxe Naceu o Salvador, o Mesías o Señor. A noite volveuse día, os medos fuxiron, as esperanzas fanse visibles, nun neno pequeno, que deitado na manxadoira amosa a forza e potencia de Deus, o peso da Vida, estando a durmir, simplemente estando. A presenza dun neno xa nos mobiliza, fainos reaccionar, ante a debilidade dun cativo facémonos servidores, acabáronse ante el a forzas da opresión, pois ven facernos testemuñas da paz.

Mensaxeiros de que Deus está connosco

Os tempos son cumpridos, as promesas proclamadas son realidade. Netsa noite, un coro de anxos foron visitar aos pastores que durmían ao raso. Homes que o seu tei é o ceo, a terra non é propia, o traballo o pan de cada día, a inestabilidade é o habitual, son os escolleitos pola corte celestial para ser modelo de adoración e xenerosidade. Os pastores non eran ben vistos polo resto do pobo, os importantes, sobre todo os fariseos e a castye sacerdotal, non querían tratos con eles, considerábannos mentireiros e faltos de veracidade. estaban ao marxe, marxinados, pois non acudían ao templo nin os seus cultos, non ían ás sinagogas nin a escoita da Torá, non cumprían os rituais e a razón do seu traballo non eran puros. E a estes, como sucede ao longo do evanxeo contantos e tantas que son buscados por Deus, son escolleitos como verificadores, notarios, testemuñas do acontecido. Os que non esperaban ningún cambio nas súas vidas, o Neno nado, convérteos es protagonistas dunha tarefa, fainos misión, saír, buscar, deixares provocar por quen os ama. Os que xa non esperaban ningún cambio, o Neno ven transforalos.

Os pastores van na busca do Pastor.

Somos buscados polo ceo para facer o camiño de Belén, atoparnos co Señor e pregoar a Boa Nova

Paz desarmante

O pobo esperaba un líder, un caudillo, un dirixente poderoso e potente, un libertador, quen empuñara as armas e liderara a sociedade. Esperaban conforme aos seus pensamentos. Pero Deus ven a desarmarnos. El vence sen nada, a descubrirnos quen somos, fráxiles, dependentes, necesitados, Porque buscamos dignidade, ter o noso lugar no mundo, necesitamos ser respetados, non queremos escravitudes, imprecamos igualdade, e os que teñen e ostentan o poder queren impor os seus criterios, vencer. Un mundo no que se impón a lei do máis forte, ven reinar o máis débil. Un mundo no que se visibiliza ao máis grande e importante, Deus ven na sinxeleza e de forma oculta, pasando desapercibido. O Fillo enviado, o eterno que se fai carne, ven gobernar coas armas do amor, a tenrura e a misericordia. Goberna sen armas e desármanos das nosas. Cumpre a promesa de que transforma as espadas e arados e as lanzas en podadeiras, para facernos progresar en comuñón con toda a creación sin ser destructivos; que cambia os corazóns de pedra, para estar en comuñón cun mesmo e cos demáis; que une o que está dividido, que rescata ao que está perdido, para non deixar atrás a ninguén; que senta no trono aos humildes, que fai caricia do espiño e semente de futuro a terra erma.

Bo Nadal





3 comentarios:

  1. Co Enmanuel xurde unha esperanza para o mundo. A esperanza de un mundo mellor: no que as persoas prevalezan sobre as cousas de xeitos que se cumpra a profecía de Isaías, que di que poden convivir o lobo entre as o ellas,... Quero agradecer a Javier e a todo o equipo do Santuario por ser unha pequeña lluz entre tanta oscuridade

    ResponderEliminar
  2. Poden convivir o lobo coas o ellas, quien dicir.

    ResponderEliminar