viernes, 12 de septiembre de 2025

A LAMOSA. NOSA SEÑORA DO LIBRAMENTO

 A LAMOSA. NOSA SEÑORA DO LIBRAMENTO

Xa está todo disposto para celebrar a Romaría na honra da Virxe María na advocación do Libramento. Moias familias son as que se achegan á nosa parroquia para venerar á Nai do Señor e pedir bo parto e o coidado dos seus meniños. Desde antigo á Virxe se celebraba o día 12 de setembro, Dulce Nome de María, trasladado ao domingo e conservando o antigo nome coa que se coñecía da Virxe do Libramento. Unha Romaría que pervive a pesares do despoboamento rural e que logra manter a vitalidade a través da presenza de moitas parellas xoves que queren invocala nos momentos vitais que está a transcurrir. 
Ten actualidade este ano, celebración Xubilar, na que a bula do papa Francisco nos pedía que fortalezamos a Alianza pola Vida. Hoxe máis que nunca, necesitamos acoller, acompañar, animar e axudar ás familias máis novas. Son moitos os atrancos que teñen para poder sacar adiante o proxecto familiar. Pero tamén precisamos ser conscientes da alta vocación á que son chamados. Facer do fogar un lugar onde o amor se traduce en esperanza de vida nos máis cativos, nunha educación en perspectiva de fe, nuns valores que sexan transmitidos de forma natural e enraizados na espiritualidade cristiá, nunha comuñón de amor que axude a superar os egoísmos. 

Transmito parte do poema de Faustino Rei Romero

Señora do Libramento
hora e gala da Lamosa
abodgada milagreira
de todos cantos che invocan.

Ti que a Xesús alumaches
sin dor nin mingua corpórea
igual que a través dun vidro
pasa do sol a raiola
d´aquelas que van ser nais
lémbrate miña Señora.



No hay comentarios:

Publicar un comentario