domingo, 29 de septiembre de 2024

AS PERSOAS NON SON UN PROBLEMA. HAI PERSOAS QUE TEÑEN PROBLEMAS. E QUEN NON?


AS PERSOAS NON SON UN PROBLEMA
HAI PERSOAS QUE TEÑEN PROBLEMAS
E QUEN NON?

Hoxe celebramos a Xornada Mundial dos Migrentes e Refuxiados. Levantámonos esta mañá coa noticia dunha nova traxedia no mar. Unha barca, chea de migrantes, que se funde e lévase por diante a vida de un grupo de persoas que o único delito é fuxir da miseria e das guerras, e intentar por todos os medios, darlle unha solución digna ás súas vidas e ás dos seus. Cada un xestiona o seu futuro como pode, polo menos eles loitan por saír adiante, hainos que se acomodan no sofá e so fan o esforzo de ver pasar a súa vida como meros expectadores dunha pantalla de entretenemento baleiro e superficial. 
Permitirme compartir convosco a reflexión deste día. Considero que os migrantes non son un problema. Partamos da base que son persoas que teñen un problema, ou moitos, coma ti e coma min, o que pasa é que hainos que os seus son moito máis grandes. As persoas non poden ser un problema. Un enfermo, non é un problema, é unha persoas que ten unha enfermidade, o que debemos é solventar e atacar a enfermidade que é a que pode levar á morte á persoa. Para isto a sociedade establece uns medios que son o desenrolo do ben común, que facilitará que haxa investigadores, menciñas, hospitais persoas, medios, etc... máis aínda, desenrolará unhas medidas de prevención, atacará o xermen do problema, quere facer unha sociedade máis saudable. Pois traslademos esto aos migrantes e refuxiados. Non podemos converter ás persoas nun problema cando non estamos a por os medios sociais que arranxen o xermen da miseria e as desigualdades, se afloran guerras e enfrontamentos, cando os intereses económicos de países e economías ricas explotan os recursos de África ou Sudarmérica, cando se seguen a vender discriminadamente armas e non axudar a establecer sociedades democráticas e desterrar a corrupción. 
Pero se as estructuras están en situación de pecado, viciadas, como explica San Xoán Paulo II, deberá ser a sociedade civil, e nós os cristiáns, co noso compromiso persoal e comunitario, os que abordemos non so as solucións, senón que axudemos a solventar as consecuencias do pecado que crea desigualdades e pobreza. Descubrimos na persoa do migrante e refuxiado o rostro do Crucificado. Con Cristo facémonos partícipes da obra redentora, chamados a liberar ás persoas das ataduras abrindo camiños de esperanza.
Combater o mal coa forza do amor e descubrir a beleza que está no corazón de todos os irmáns e irmás.
"Deus camiña co seu pobo" é o lema deste ano. Deus camiña connosco, e con quen non? Máis aínda, Deus camiña no medio do noso pobo no fuxido migrante e refuxiado.
Que pasedes un feliz domingo
Que María, nosa Nai nos apare, ela que foi migrante e refuxiada en Exipto. Pidamos pola paz

No hay comentarios:

Publicar un comentario