domingo, 29 de enero de 2023

CERCOS DE SAN SEBASTIÁN. BENDICIÓN DE AMOR


 Os Cercos de San Sebastián xa teñen rematado nas comunidades parroquiais de Prado da Canda, no Covelo, e A Franqueira, na Cañiza. Unha tradición que xera unha corrente de comuñón e irmandade nos que participan, ven xentes da parroquia como os que veñen de fora. Circundar a parroquia, deixando no seu interior fogares e terras de cultivo, familias e gandos, é unha pregaria feita camiño de esperanzado progreso en tódalas dimensións da existencia. Asender ao cumio dun outeiro, en Prado aos Cortos da Bouza, na Franqueira a Cruz do Poste, é imaxe dunha comunidade que se esforza por ir rubindo ao ceo na busca da bendición que se derrama das mans xenerosas do Pai. Unha Cruz no monte, unha ollada ao

entorno, unha pregaria de fillos, un silencio agradecido, unha verba de esperanza, un xesto, recibir coa cruz o signo da presenza do Señor.

O camiño que se fai é longo, nun día frío de xaneiro, lenvando nos hombreiros homes e mulleres de santidade,


sacrificio e confiada entrega de amor. San Sebastián coroa coa protección o desexo dun pobo que pide alonxar pestes e fames, pedrazos e xiadas, non so para ter louzanas colleitas, tamén para facer dun pobo xermolo de vida, sementada en ilusións e feita de amor. Son os pedrazos e as xiadas destes tempos de novos xeitos e tecnoloxías, de economías apretadas e feitíos de miserias para moitos dos irmáns do planeta os que sofren os desamparos precendo que foron esquecidos da man do Facedor. Non queremos deixar de lado aqueles que padecen, por iso, noso Señor,

derrama bendicións e feituras de amor por todos os lindes do noso mundo.

Graciñas aos que fixeron posible un ano máis sair camiñar e rebir bendicións, sermos derramadas grazas de amor de quen nos regalou este fogar de vida.


No hay comentarios:

Publicar un comentario