martes, 3 de enero de 2023

Bieito XVI A MIRADA DUN NENO SABIO


 Dende o falecemento do Papa Emérito Bieito XVI, acontecida no remanso claustral dun mosteiro dentro dos muros vaticanos, onde pasou os últimos anos adicado aos seus maiores oficios: a oración, o estudo, a beleza nas artes, a investigación e ao encontro coas persoas na busca da verdade, moitos comentaristas están a desglosar a magnitude dun grande da historia a cabalo entre o século XX e o XXI. Os escritos revelan a personalidade dun home, consagrado a Deus e á Igrexa, que se gastou nun suspuro que resume a súa peregrinación. As verbas finais son o encontro con Cristo "Xesús, ámote" son a revelación do que el nos ensinou "a fe é un encontro coa persoa de Xesucristo". Así o conseguiu no balbuceo dun neno que descansa no coolo dunha nai. Considero que esta é a grande leción maxistral que nos agasallou.

Acabo de ler dous artigos dedicados á mirada deste bo home. Falan da ollada dun neno, e a ollada dun avó, as dúas o sitúan no ámbito da sabedoría do que está a descubrir con interese o que se esconde detrás do inmediato e o que observa o mundo desde a mirada do coñecemento interior. 

Vouvos contar a miña experiencia. Tiven ocasión de estar en dúas ocasións ao seu carón. Non podo dicir que fora un encontro persoal e de diálogo. Nunha delas foi en Roma con ocasión do mes de estudo do curso sacerdotal e con motivo da beatificación de Xoán Paulo II. A segunda vez foi en Santiago, concelebrando na súa visita á cidade do Apóstolo. Nesta ocasión, estabamos na praza do Obradoiro esperando a procesión de entrada. Os que esban ao meu carón sacaron de teléfonos para fotografiar o momento. Eu tomei outra opción. Deixeime estar quedo. Fixeime en como ían chegando todos, e propúxenme un reto, chegar a cruzar a ollada con el. Atento ao seu rostro, abrin ben os meus ollos, esperei pacéntemente. E, nuns segundos, xúrovos, que nos quedamos vendo un ao outro. Parouse para min todo. Unha sensación de que o tempo se detivo. Mireino e miroume. Descubrin un diálogo que abrollou en món. Dinlle as grazas por estar connosco. Sentínme fondamente feliz por acadar o que me propuxera. Algo tan sinxelo, pero, realmente emocionante. E a súa ollada foi para mín a dun home sincero, cheo de paz, de serenidade e de Deus. Foi un instante que me axudou a decatarme da importancia de saber mirarnos.

Durante estes anos en que tivemos que aprender a mirarnos aos ollos por levar o tapabocas posto por precaución sanitaria, lembrei moitas veces este feito. So pido que aprendamos a mirarnos e a descubrir a beleza escondida no corazón de cada irmán.

Dou grazas a Deus por este pastor sabio, cunha mirada inocente e limpa de neno e sabia e serena do ancián.

Moitas grazas Bieito XVI

Xabier Alonso

3 comentarios:

  1. Hermoso comentario. Gracias Xavier

    ResponderEliminar
  2. Graciñas. Grandes olladas as duas

    ResponderEliminar
  3. Bendito testimonio que habla con Verdad de un amador y defensor de Ella. Gracias, Javier.
    Nunca sabremos cuánto tenemos que agradecerte, Santo Padre Benedicto...

    ResponderEliminar