sábado, 25 de diciembre de 2021

IR E VIR


 Xa o teño escrita máis dunha vez. Os textos que relatan o nacemento son un e vir de xentes por todas partes. As carreiras, con sentimentos de gozo, ledicia, fraternidade. Escoiyabamos como os anxos descenden a cantar onda os pastores. Sairon depresa en busca do meniño. Ir á gruta, a cova de Belén non é un destino habitual, non ía máis que os que gardaban alí os animais. Non é unha ruta coñecida. Así hai que atreverse a buscar, encamiñarse por vieiros e recobecos polos que vai pouca xente, como irso da porta estreita que fala Xesús. 

Ir necesita previamente saír. Deixar as seguridades e encamiñarse na noite. E vir, volver, cantando loando a Deus polo que temos visto e oído. Aos pobres anúnciaselles a Boa Nova. Non vos lembra o que sucederá na resurrección? Sair ás carreiras, entrar nunha cova e volver depresa para anunciar a todos o que temos visto e oído.

Ser cristián é andar polos camiños, indo e vindo, anunciando e cantando as ledicias do encontro co Salvador.

Bo Nadal

Xabier Alonso

No hay comentarios:

Publicar un comentario