Hoxe temos a oportunidade de achegarnos á figura de san Bieito.
Bendito, bendición do Señor para uns tepos complexos nos que viviu, e lumieira de fe neste nada doados que estamos a ter. A búsqueda da paz interior que están a procurar tantas persoas alónxaos do máis xenuino da nosa fe. Non esquezamos que os cristiáns bebemos dunha espiritualidade que procede do silencio do deserto, da montaña e dos recunchos máis solitarios.
Xesús, seguindo a estela dos profetas, ret´çirase a un lugar solitario e pasa a noite en oración, ou busca o silencio. Paulo nos fala dos seus anos retirado. Os primeiros cristiáns sabían leer a vida desde a perspectiva da fe. Ao longo da extensa historia da Igrexa o mesmo acontece.
Non somos unha comunidade que teña que facer por facer cousas. Os eloxios da sociedade non veñen por lograr éxitos que complazan e dean satisfacción aos proxectos do mundo. Senón que o noso facer ven nado no amar sen lindes. Podes por ti so atopar o auténtico amor? Deixémonos guiar por auténticos mestres do interior.
Os pais do deserto, a vida monacal foi unha búsqueda de Deus e unha resposta ás inquedanzas dos homes, pero tamén, unha aposta decidida pola evanxelización do rural. Pensemos na Ribeira Sacra, pequenos cenobios espallados polos lugares máis difícules. Que fan uns homes metidos nun lugar aillado? Ser signo dunha comunidade de amor e de vida. Por estas terras nosas, os mosteiros foron o incio de moitas das nosas parroquias. A regla bieita era a norma de vida de monxes e monxas que ao ling de séculos fixeron e fa desta terra unha verba de esperanza e un canto de amor.
Reza e traballa, seguen a dar senso a unha vocación e un compromiso coa sociedade. Algunhas persoas busca hoxe unha resposta ao vacío interior, a soedade mal asumeida, o abandono do senso da vida, o derrotismo, a un consumo insatisfactorio. Un picoteo continuo en buscar novas experiencias evasivas, ou unha nova orinetación ao ser. Se escribes nun buscador de internet escla de espiritualidade non te sorprenda que os anuncios sexan de escolas orientais. En troques temos unha longa e secular tradición que pensamos que esmorece sen que a saibamos aproveitar de monxes e monxas de vida en silencio e comunidade, de traballo interior formidable, aos que non se lles pide un bo consello.
Precisamos mestres de vida interior, de oración, de paz do corazón, de saber loitar contra os inimigos da vida.
Hoxe, día de san Bieito, pídovos que nos esforcemos por facer da nosa vida unha peregrinación do Espírito en nós e de nós no Espírito.
San Benito, patrón de Europa,que la proteja y bendiga, y que nos recuerde, que Europa es CRISTIANA
ResponderEliminarLa Benndicion de cada uno para ese Santuario
ResponderEliminar