Ni botellón, ni botellín
Estes días almorzamos desde ben cedo cos comentarios sobre os comportamentos da mocidade. Xa hai ben tempo que buscamos nesta pantemia "chivos expiatorios". Uns ou outros veñen ser os causantes de que esta peste se espalle por todas partes. E despois dalgún tempo quero copartir convosco algunha palabra aínda que sexa de xeito moi esquemático.
1.- O inimigo a combater segue a ser o mesmo. Un virus que deixa á vista as dibilidades e deficiencias dun mundo que, polo menos os occidentais, colocamos no eido da perfección. Imaxinarvos os que chamamos terceiro mundo.
2.- Esta pandemia, como todo na vida, vívese por etapas. Cada unha ten as súas caracteríticas. Cada unha foi descubríndonos a facetas novas de como combatemos un inimigo común.
3.- Cada persoa ten que decidir como responder ante a enfermidade, tanto consigo mesmo ao enfermar, como ao vivila no seu entorno. Non esquezamos que desde hai tempo vimos de ver como estamos a fuxir do sufrimento e da morte, e iso tamén llo imos deixando aos profesionais.
4.- A responsabilidade persoal vai unida ao ben común. O sacrificio das miñas "liberdades" son para que todos poidamos salvar a vida, polo menos os máis posible. A auténtica liberdade mídesepola capacidade interior de prescindir "libremente" de min mesmo para entrega aos demáis.
5.- Os maiores tiveron que cambiar os seus medos e fraxilidades por silencios xenerosos e ser víctimas que se converten en estadísticas. E temos que facer balance de responsabilildades.
6.- Os profesionais da sanidade foron quen de facer do seu traballo unha proba máis da vocación do ser humano a salvagardar a vida dos seus semellantes. As victimas e as consecuencias aínda estar por valorar.
7.- Os fogares convertéronse en refuxios onde moitas familias viviron en primeira persoa as desigualdades e a dureza desta sociedade. Tivemos a oportunidade de ensinar aos máis pequenos o valor da vida, a mocidade a grandeza do seu humano. Ou non?
8.- Os homes e mulleres que profesan a fe sentíronse enormemente chamados a entrar en diálogo con Deus, co Deus da Vida, a comprender a Cruz Redentora e a sentir a comuñón no Espírito. A Igrexa tamen tivo moitas victimas.
9.- Os meses foron creando unha sensación de que tempos pasados foron peores, que agora xa nos "merecemos" unha nova xeira.
10.- Que finalmente, permitídeme que a frase "imos saír mellores" aínda hai que velo.
Durante estes días fun quen de ir buceando polas lexislacións sobre o consumo de bebidas alcohólicas na vía pública. E sabedes, desde hai moitos anos está prohibido. Logo, estas normas por qué non se puxeron en práctica desde hai tanto tempo? Por interese? Por non amolar á mocidade? Pois dame a impresión de que ésta é a oportunidade de facernos tamén algunha preguntas. Se fomos quen de preguntarnos sobre o sistema sanitario, a organización laboral, o coidado dos maiores, a vacinación, e vexo, non sei vós, que a resposta é voltar atrás, esquecer e tirar como se poida. Agora toca pregutar, non condenar, senón, preguntar cal é o modelo de mocidade que fomos facendo. É moi fácil xulgar aos novos e dicir que son uns irreponsables, pero, quen lle di o quen lle ensinou antes o que era a responsabilidade? Quen se sentou a falar cos novos? Fomos pensando que xa son maduros conforme pasan os anos, ou que dicir non é coartar a liberdade, ou ensinar os camiños e prevelos dos danos e das equivocacións é negarlles a posibilidade de pensar. Para min non son so os preblemas os contaxios, senón que, non hai outro estilo de ocio que non sexa consumo e pracer?
Sabedes? Isto tamén me cuestiona.
Estes días vexo con sorpresa como os reportaxes sobre as festas comezan a facerse presentes nos medios. E xa tiro a toalla. Volvemos á mesma. Agora xa os maiores están vacinados e poden andar de troula. E iso si, con botellón incluido. Porque non beben na rúa, de noite, e con bolsas de mercancía a esgalla. Pero, meus amigos, beben, e ben ben. Non podemos enteder festa sen beber e encher o bandullo. Pois é o que queda, e asemade cunha nova excusa "liberarse de tanta atadura" pois xa estamos a mancillar a liberdade como vemos nas altas esferas do pensamento político.
Amigos, nin botellón nin botellín
Xabier Alonso
17-07-2021
No hay comentarios:
Publicar un comentario