Jose Ramon Fontán González foi no seu momento alcalde da cidade de Vigo e cando escribiu esta oración á Virxe da Franqueira Director da Cruz Vermella. Deixamos unha testemuña máis dos sentimentos que arranca do corazón estar diante da imaxe da Nosa Señora.
Moito che quero pedir
Virxen Santa da Franqueira.
Moito che quero pedir
nosa Senhora de pedra
que así te representaron
en Fe viva.
Mais de aquela
ninguén coidou que chegara
a seres a Nai da Terra
desta Terra asoballada
da nosa Terra Galega
E xa eu tiven pregoarche.
Primeiro prego por ela
a mellor parte de España
a antiga Terra galega.
Tamén che prego por nós
así ausentes ou presentes.
Para que nos concedas Paz
e ao teu Fillo lle pregues
perdón das nosas ofensas
e un anaquiño do ceo.
¿Non será moito pedir
de un pecadento galego?
José Ramón Fontán González
No hay comentarios:
Publicar un comentario