sábado, 29 de noviembre de 2014

O TEMPO, AI, O TEMPO

Novo calendario para o vindeiro ano 2015 coa imaxe da Virxe da Franqueira no seu carro procesional


O Santuario da Nosa Señora da Franqueira pon a disposición dos seus fegreses o calendario do próximo ano. Esta vez a foto da portada é a imaxe da Virxe portada no seu carro procesional coas vacas e no fondo o pórtico románico o templo.
Permítanme á luz desta imaxe varias raflexións que quero compartir convosco:

1.- Quixemos unificar este ano a imaxe do calendario parroquial coa estampa que se imprimirá para as Romarías, que ademáis terá a oración do Papa Francisco da carta Evangelii gaudium sobre a evanxelización.

2.- Unha fotografía que quere ser unha merecida homenaxe a quen cada ano, desde hai moitos, está a fecr un dos servizos á Virxe, como ter os animais que portan a súa imaxe nas procesións.

3.- Unir nesta foto unha lembraza do pasado co presente. Hai algunhas fotos antigas que recollen esta mesma escea, pois este ano quixemos facer unha actualización do que recollían aqueles antigos fotógrafos.

4.- Poñer de manifesto a fermosura da portada que destaca detrás e que será, ó longo deste ano, unha fas fontes de reflexión e oración para o tema pastoral. Ahí están moitos dos motivos da nosa alegría e unha chamada á conversión.

5.- Agradecer ás persoas que fixeron posible esta fotografía, Mauricio, Domingo, Loly, Sita e Pepe, e sobre todo o fotógrafo, Paco, que se desvelou para que todo saíse ben.

Podedes recoller o calendario no Santuario nos horarios habituais de celebración. Sabedes que non se pide nada por el, pero non está de máis, facer algún xesto de doazón, non so ó santuario, senón, tamén neste tempo do Nadal a Cáritas inetrparroquial con alimentos non perecedeiros e postres de Nadal.

E desde aquí unha última cousa: Quedan moitos meses por diante, tedes as datas máis importantes do calendario de festividades na Franqueira, pero tamén podedes buscar a programación do curso no enlace que vos engado

e ir anotando no calendario de parede, ou nas axendas os nosos compromisos na Franqueira.Non nos agobiemos, pero aproveitemos o tempo ben e con agradecemento en todo ó Señor.
Temos tempo para todo, pero necesitamos organizarnos, priorizar e ter boa disposición. 





No hay comentarios:

Publicar un comentario