lunes, 17 de noviembre de 2014

AGASALLOS DE NADAL





HORROR QUE VEN O NADAL
Xa comeza a ser o Nadal nos medios de comunicación, nos escaparates e nas rúas. E nós?
Quen máis e quen menos está a dispoñer xa dun plan de agasallos para o Nadal. Facémolo para non caer no erro de deixalo todo para os ñultimos días, coas presas e o nerviosismo, que ao fin fannos gastar dun xeito desordenado e pouco adecuado ós nosos intereses. Sen querer facer que o advento quede anulado, pero na actualidade o que nos rodea nos desborda e absorve, saber escoller, ter unha opción máis adecuada e nivelar de xeito que vivamos neste advento sabendo prepararnos ven ás chegada do Señor. Desde aquí queremos facer varias propostas:

1.- Facer unha planificación ben axeitada á nosa economía. Saber o que quero gastar e o que podo gastar. Para isto non convén facer as contas da leiteira, e calcular contando con determinados ingresos que posiblemente non entren, ou que se nos escapen.

2.- O bo gusto non significa gastar moito. Desarrollemos unha boa imaxinación, sabendo facer as cousas con elegancia e gusto.

3.- Buscar o máis axeitado para cada un, pero, facendo unha lista de persoas ás que quero agasallar. Ás veces movémonos máis por compromisos que polo corazón e a razón. Hai persoas que o agradecemento terá que ser dunha forma orixinal, sorprendente e nada prevista polo agasallado.

4.- Saber priorizar. Non podemos esquecernos da familia, sobre todo dos que están máis alonxados, ós que non vemos habitualmente, e que o Nadal signifique o comenzo dun compromiso de comezar a visitalos con máis asiduidade.

5.- Facer un bo rato de oración para escoitar a chamada do Señor a non deixarnos esclavizar polo gasto desordenado, o consumismo, ou o quedar ben, senón, o de mellor servir. Sería interesante ler algunha pasaxe da infancia do Señor: Evanxeos de Mateo e Lucas, e contrastar a miña vida descubrindo onde nace a auténtica alegría.

6.- Saber onde vou comprar e organizarme os días. Buscar os comercio que ofrecen bos precios, pero ó mesmo tempo sabendo que vou contribuir á economía familiar. Apoiar ás iniciativas familiares, sabemos que o bo e o artesán ten o seu precio, pero baendo escoller chégase a moito.

7.- Descartar os lugares onde se negocia de xeito inhumano, non por ser máis barato significa máis rentable, e sobre todo se son negocios que escravizan. Necesitamos optar polo xusto, o honrado, o equilibrado, o que beneficia ós que máis necesitan.

8.- En canto aos nenos saber ilusionar pero non deixarse levar polo consumo televisivo. Que bo buscar xogos nos que se implique toda a familia, na que xoguemos todos, pais e fillos. Que fácil resulta dar o agasallo ó pequeno, e veña, que se entreteña e que non moleste a ninguén. O regalo máis bo sería que xogaras con eles e souperas divertirte cos teus fillos. äs veces parece que so queremos facer cousas de "adultos".

9.- Non por quedar á fin é menos importante. No programa poñer un bo apartado á caridade: visita a enfermos e anciáns; colaborar con institucións, non so dando un donativo ou entregando materiais, necesítase voluntariado; preparando e participando e actividades e proxectos para os máis desfavorecidos (ás veces o mellor regalo é noso tempo); regalos solidarios, ás veces hai institucións caritativas que fan venta de regalos para recaudar fondos para as súas actividades, ou para a campaña de Nadal (por exemplo: CARITAS INTERPARROQUIAL NOSA SEÑORA DA FRANQUEIRA TEMOS Á VENTA UN DISCO DEDICADO Á VIRXE DA FRANQUEIRA CO QUE QUEREMOS CONSTRUIR UN LOCAL PARA AS NOSAS ACTIVIDADES. Pode ser un bo regalo de Nadal)

10.- Neste ADVENTO saber agasallar esperanza para aqueles que xa non teñen ganas de celebrar o NADAL.Na pobreza do corazón do home Deus quer nacer, e o corazón que so se enche de cousas, creo que é máis pobre que o pentello no que naceu Xesús.


No hay comentarios:

Publicar un comentario