jueves, 15 de mayo de 2014

ROMARÍA DAS PASCUILLAS

Estanse a realizar os preparativos para a celebración da Gran Romaría das Pascuillas na honra da Nosa Señora da Franqueira. Neste ano van aumentar as parroquias que acudan a esta cita mariana o que supón o recoñecemento da nosa devoción filial á Nai de Deus nesta advociación singular e milenaria.
Neste ano realizará a ofrenda no nome de todos os peregrinos os "Irmáns misioneiros dos enfermos pobres". Son varias as razóns. Non son parroquia, pero levan desde hai 10 anos participando na Romaría, con moito entusiasmo e traendo un grupo de enfermos pobres ós que atenden; este ano está adicado na pastoral diocesana a vivir a caridade, polo que, os consagrados ós enfermos, ós pobres, ós traseúntes, son os que nos van a representar na ofrenda dos pobres á Virxe María. Queremos así facer presentes as accións caritativas da nosa Igrexa e , en especial, a esta comunidade que atende a 200 persoas cada día no seu fogar de Teis.
O vindeiro domingo, 18 de maio, aproveitando a presenza no santuario, da reliquia de San Xoan de Ávila, teremos, como é costume, a reunión das ocmisións organizadoras das parroquias que peregrinan nas Pascuillas.
A novena, que comeza o día 31, estará representada e animada polos distintos grupos do santuario: catequese, coro, caritas, biblia, enfermos, oración na casa... dando así grazas pola acción do Espírito na nosa comunidade e o desexo de  imitar a vida da María,a  primeira crente a o exemplo de caridade.






No hay comentarios:

Publicar un comentario