miércoles, 7 de mayo de 2014

CAMPAÑA DE CARITAS INETRPARROQUIAL NOSA SRA DA FRANQUEIRA. RECOLLIDA DE ALIMENTOS


Campaña de recollida de alimentos no Cash Record de Pontereas

 

 

Os vindeiros venres e sábado, 9 e 10 de maio, "Cáritas interparroquial Nosa Señora da Franqueira" organiza unha recollida de alimentos non perecedeiros no Cash Record de Ponterareas, situado na estrada de Ribadetea.

Desde hai uns anos, un grupo de voluntarias ven de distribuir a algunhas familias da comarca, axudas puntuais de alimentos. Debido ó impacto que está a ter a crise na comarca da Paradanta, neste curso, e según o Plan Pastoral da Diocese, o Santuario da Franqueira, xunto coas parroquias de Prado da Canda e A Lamosa, veñen de formar un grupo de Cáritas interparroquial. Case unha ducia de amas de casa, entusastas e con desexo de traballar polos que máis necesitan, están a recibir a formación necesaria para constituir este organismo. Así, cada quince días, veñen os responsables de formación do voluntariado de Cáritas diocesana a impartir os temas. Próximamente contarán coa presenza dunha traballadora social.

Ó mesmo tempo están xa a realizar os traballos propios desta institución da Igrexa. Así faise unha distribución de alimentos a 12 fogares da comarca, conscientes de que posiblemente, vaia en aumento a demanda. Cada mes a distribución dos alimentos faise co que se recibe da xenerosidade dos fieis e a colaboración tres veces ó ano da Cruz vermella.

 

Feita a solicitude a Cash Record, recibiuse o apoio inmediato e a súa colaboración. Todo son facilidades para que poidamos levar este proxecto a bo porto. Durante os días, venres e sábado, estarán por turnos  as voluntarias, en horario de 9 a 13,30 e de 16,00 a 20,30.

 

Os alimentos que se reciben son imperecedeiros, como, Leite, azúcar, aceite,  fariña, conservas, pastas, galletas, cacao...

 

Nesta acción tamén se coordinaron con Cáritas Ponteareas, e para no futuro, afianzar a colaboración entre os distintos grupos da zona.

 

O grupo de cáritas interparroquia, Nosa Señora da Franqueira, con sede no Santuario do mesmo nome, pretende levar adiante moitos máis proxectos: sala de acollida, almacén, e outros espazos para actividades que están xa a programar. A colaboración de todos é moi importante e a pretensión é a de acompañas ás familias que están en perigo de pobreza da comarca.

 

Moitas grazas pola súa aportación.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario