martes, 19 de mayo de 2026

NOVENA DA FRANQUEIRA. Día 4. O don do consello

 


NOVENA DA FRANQUEIRA. Día 4. O don do consello

Consejos tengo y para mi no tengo, di un refrán moi aleccionador. O don que hoxe pedimos que nos renove o Espírito é a capacidade de saber decidir conforme á vontade de Deus. Don, a gasallo, semente que dará froito na constancia de poder elaborar un camiño que se vai facendo en nóa. O consello axuda a ser decididos na opción fundamental. Hoxe asistimos a unha carreira de decisións impulsivas que fan cambiar de forma continua as decisións. Así como non hai tantos anos desde a infancia e adolescencia poderiamos pensar que unha persoa ía forxando a súa vocacioón, hoxe vanse alongando os tempos e facendo que as opcións sexan na edade adulta.

María configurou a súa vida desde unha opción decisiva do si a Deus. A resposta a ser a Nai do Mesías Señor, é a manifestación dunha vida configurada desde un deixarse aconsellar polo Espírito. Dicir si  é configurar toda a súa vida ao servizo da maternidade que se fai extensiva no tempo desde que participa da resurrección pola Ascensión aos ceos. 

María, Nai do Bo Consello, Nai da Palabra que nos axuda a discernir, roga por nós

1 comentario: