domingo, 17 de agosto de 2025

LUME, RURAL E FUTURO


LUME, RURAL E FUTURO

Resulta paradóxico que neste domingo en que a nosa terra est´ça envolta en lume escoitemos ao Xesús dicir no evanxeo que ven traer lume e está a desexar que arda. Así mesmo declara que ven taer división e non paz. Son verbas complexas cando estamos acostumados a facernos unha visión ás veces un pouco adulcorada do Señor. Lonxe de ser un profetismo amoldado a gustos e pretender que todos esteamos nunha paz ficticia que supón unha ausencia da relidade, Xesús sitúanos ante o feito de que acoller, facer un camiño de discipulado e optar por el significa unha ruptura interior, unha ruptura co mundo das tebras que non acepta o camiño do amor e da fraternidade, unha ruptura coa imaxe que nos facemos de Deus... unha violencia que supón deixra no lume purificador do Espírito aquilo que nos alonxa do proxecto do Señor. Vin traer lume, é o que di Xesús, e o bautismo co que inaugura o Reino supón unha vida nova que fará posible que sexamos todos nós partípies del. A Boa Nova de hoxe é que seguir ao Señor é escoller ser nós mesmos, vivir no risco de ser desprezados ou relegados, aceptar a exclusión por ser evanxélicos. Pero se iso fixeron co mestre que non vai ser cos discípulos. Cando a acción polo Reino non molesta nin cuestiona, entón igual estamos lonxe do Reino. 

Pero non quero deixar a oportunidade de expresar tamén a solidariedade e cercanía con tantos irmáns que sufren as consecuencias deste lumes que son un ataque e terrorismo ambiental. Lembremos cando hai xa máis de 30 anos soaban nos medios aquela canción da movida viguesa "·Arde Galicia cun lume forestal", en que nin medios, nin estructuras como as que hai hoxe, nos facían ver con pesar como se queimaban os nosos montes. Hoxe, estamos ante a devastación do que supoñamos que era un capítulo pasado e que estaba controlado. Non se soluciona todo con estructuras e estratexias, con presupostos e materiais, con gastos e inversións, nin todo o soluciona, perdoade que o diga cos avances tecnolóxicos. Hoxe, desgraciadamente, son noticia e nos produce pesar, pero así como outras catástrofes son abandoadas non so como noticia, senón como preocupación social pois senón estariamos desbordados con tanto compromiso, pasarán as semanas e o rural seguirá a ser un capítulo máis do calendario pasado e esquecido. Porque o rural non pode entrar na dinámica turística que se lle impón e participar simplemente dunha economía de servicios. O rural non é un lastre que teña que soportar a sociedade e esperar a que morra. O rural non é un surtidor de tradicións e costumes que convocan a especialistas e antropólogos para discutir sobre os nosos ancestros. O rural non é a escapada das cidades para ir a aldea e gabarse de vivir nos sitios de adianto e conexións e compras e gastos da última moda. O rural non é o reducto dun ecoloxismo exclusivista, ás veces, perdoade, un pouco pijo. O problema é cando lle cargan ao rural unha identidade que non lle é fiel a si mesma e lle impoñen o que debe ser. E cando unha sociedade perde a súa identidade e pasa a ser algo porque é rentable, entón, temos un problema.

O rural é garante de futuro, porque sen unha ecoloxía harmónica e xeneradora de renovación, dun clima sostible e renovador, as cidades están abocadas tamén a autodestrucción. A auga das cidades baixa dos montes, os mercados das cidades surtense dos campos, as carnes veñen das granxas... e se queremos calidade e non consumir o que nos mata, debemos ser coidadosos do mundo rural. Non podemos equiparar unha producción de carne, ou leite, ou ovos, ou un cultivo á unha empresa tecnolóxica. Os animais e as prantas teñen os seus procesos, o seu ritmo e o seu tempo que corresponde ao marcado polo Creador. Se se rompe a cadea, e todo está conectado, entón o home é un inimigo do seu entorno e vai acanado por sufrir as consecuencias. O rural e os montes non son so lugares de producción madeireira, nin poden quedar recluidos como productores de enerxías renovables que desfán ecosistemas. Porque a nosa pobreza é querer ser ricos, e non nos decatamos de que levamos toda a vida sendo moi ricos co que nos regala a creación. Somos partícipes dun mundo que nos foi doado, do que formamos parte, do que nos entregaron unha responsabilidade, no que nos valemos e somos parte do seu engranaxe. Non somos consumidores do planeta. 

2 comentarios: