FRANQUEIRA: 1º día da NovenaXa están os corazóns alentados polo desexo de acudir á Nosa Santa e dispornos a celebrar o seu Nacemento. Uns días que poden ser a oportunidade de adentrarnos na figura de María, a súa historia, a súa personalidade, gustar da súa fe e unirnos con ela nesta peregrinación de esperanza do Ano Xubilar.
Por que nove días?
Todo comeza nos días entre Asecensión do Señor e Pentecostés. Neses noven días a Igrexa apostólica está en oración con María na espera do Don do Espírito. Logo pasaría a ser emulado na celebración do Nadal, os nove meses de embarazo significados nos 9 días previos ao parto. Expandiuse a través das confradías e a piedade popular o feito de dedicar uns días de preparación, novenario, para dedicalos a orar e renovar a vinculación devocional.
Que podemos esperar desta novena?
Unha memoria agradecida da vida de María, os momentos do Evanxeo no que ela é a protagonista.
Unha pregaria confiada véndonos necesitados e confiados.
Un compromiso de entrega consagrados como fillos/as a sermos crentes e esperanzados
Unha declaración de amor no que temos o corazón e a vida nesta Nai atrapados.
Que podemos facer neste Ano Xubilar?
Acudir como peregrinos e revisar a nosa vida á luz da misericordia, recoñecendo que é o Señor que nos devolve a fermosura, a beleza orixinal, tantas veces lixada pola maldade que nace nos nosos corazóns e que nos impide ver a luz da Graza e do Amor.
Deus é o garante da noda esperanza que é o que irrumpe no seu Plan de Salvación traéndonos a súa presenza no Fillo, encarnado no seo de María.
Facer a peregrinación xubilar é encamiñarnos cara a Deus da man de María.
Abandonar as rutas e vieiros enganosos que nos desalentan para seguir o camiño verdadeiro de Deus.
Recibir o perdón na Reconciliación supón deixar que o señor derrote o noso orgullo de autoxestionarnos para deixarnos conducir polo Amor de que é Noso Pai.
Rezar polas intencións do Papa nos sitúa nunha dinámica global, ter unha mirada universal, que derrota os nosos individualismos e egoísmos para vivir en fraternidade.
Aceptar a Caridade como pilar fundamental das nosas vidas acrecenta o noso propio ser, cambia a nosa perspectiva facéndonos servidores e non competidores ou depredadores.
Cambiar, converterse, para poder recuperar a orixinalidade do xúbilo, a verdadeira ledicia á que somos chamados a culminar no Ceo.
María, icono dunha Igrexa en camiño. Ela non estivo nunca parada, en repouso, é unha muller en camiño, interior e exterior. Hoxe, que comezamos a súa novena queremos acoller a invitación a dicirlle un si total a Deus conducidos da súa man.
A foto que che ofrecemos posiblemente non a coñezas. É o deseño orixinal da Cruz da Paradanta do escultor Piñeiro. Era unha estrela que representa a María, a un lado e outros dúas mulleres enfaixadas nos panos do lamento, a dor do mundo unida á cruz de Cristo. Estaba deseñada para levar unha luz no seu vértice para alumear como faro de esperanza no mundo. Unha mágoa que quedase nun deseño de escaiola. Pero nós temos que ampararnos aos pes da Cruz para levar a luz da Redención que perdoa e salva a unha humanidade tantas veces desorientada e magoada.
Que interessante... No sabia El porque de novena...
ResponderEliminar