domingo, 6 de febrero de 2022

SAE PESCAR


A praia énchese de xente. Todos queren escoitar ao fillo do carpinteiro. Unha verba de mestre nunha lanchiña varada na area. Silencio, como nun templo aberto ao ceo. Silencio, un orballo de paz percorre os corazóns. Xa chegou a verba, cos seus ollos abertos chega a escudriñar o corazón. 
E Pedro, canso do traballo, sen recoller nada. Todo baleiro, nada, e agora? Atrévete. Entra no mar de novo e volta a vivir o risco de facer o que non é normal. Pedro, entra, a contracorrente.
E o mar da de comer aos famentos de fe, aos incrédulos agasállalles unha morea de peixes que desborda. 

Agora, meu amigo, miña amiga, atrévete. Entra na barca, que pode ser fráxil, pequena ou esgachada. No silencio solta redes. Espera. Que no teu hombreiro susurra unha palabra, confía en min. Espera. Agora sairás a ser pescador de homes. Atrévete, sae, silencio, verba confiada. El está contigo.

Feliz domingo
Xabier

No hay comentarios:

Publicar un comentario