domingo, 20 de febrero de 2022

ABRAZOS


 "Abrázame, abrázame..." dicía unha canción de amor de hai ben anos. E é que o signo da nosa amizade, a expresión do nos amor, a carga de entrega se simboliza nunha aperta. Esa que tantas veces desexamos facer e non podemos pois consideramos máis importante que teñamos a saúde a non facernos dano uns a outros. Unha aperta sincera, xenerosa, libre e ao mesmo tempo encadeante, pois cando te enredas nese encontro desexas non separar, e deixarte enmarañado na calor do corazón que se sinte máis preto se cabe. 

Hoxe o evanxeo nos fala de amar aos inimigos, de rezar polos que nos perseguen, de devolver ben por mal... de abrazarnos nunha aperta de fraternidade. De amar como el nos ten amado. Cando as cousas biran ao contrario da nosa condición humana pomos as costas ao outro. Cando nos esgazamos as entrañas en rudimentos de berros e ciumes, de voltas e reviravoltas de insultos e prexuicios, damos as costas. Cando esiximos verdades sendo mentirosos, queremos argumentos sendo opacos, cando berramos pois non queremos falar ao corazón, estamos dando as costas á fraternidade. 

Deámons unha oprotunidade, véndonos á faciana, abrindo os ollos e escoitando máis que falando. Darse unha aperta é por a nosa ollada nas costas do irmán, sabendo das súas fraxilidades, defendendo a súa retaguardia, nindo os pensamentos, golpeando acompasadamente o son do corazón. 

Darse unha aperta é xuntar corazóns e amosar as nosas miserias e acoller as dos irmáns, entón, logo, entón seremos Miseri-cordiosos, cun corazón amante da miseria.

Permitídeme que finalice cunhas verbas do papa Francisco na carta Fratelli tutti

Pido a Dios «que prepare nuestros corazones al encuentro con los hermanos más allá de las diferencias de ideas, lengua, cultura, religión; que unja todo nuestro ser con el aceite de la misericordia que cura las heridas de los errores, de las incomprensiones, de las controversias; la gracia de enviarnos, con humildad y mansedumbre, a los caminos, arriesgados pero fecundos, de la búsqueda de la paz»

Benqueridos irmáns, abracémonos de corazón

Feliz domingo

Xabier Alonso
20-02-2022

1 comentario:

  1. Grazas, xabier,polas túas palabras que aterrizan na realidade cotián. O das distancias que indica o dibuxo é pertinente que nos faga reflexionar sobre a nosa vida persoal, matrimonial e comunitaria. Grazas

    ResponderEliminar