domingo, 16 de enero de 2022

O CASAMENTO

E todo empezou nunha voda. Así é como no-lo describe o evanxeo de Xoán. Daquela, casarse tiña unha ristra de procesos longos e tempos pausado. Será por iso que non andaban ás presas como agora, que a xente ten unha ansia por convivir e estar xuntos na casa coa pobreza de non facer partícipes aos demáis nese "ritualismo" comunitario. Nos tempo de Xesús as vodas comezaban cos desposorios un ano antes. O compromiso de casar mpicaba xa a decisión firme e levaba a vivir como casados ainda que sen convivir. Asumían deste xeito os compromisos maritais e era probados. Pasara no caso de Xosé e María, estaban desposados e non vivían xuntos. Xa eran case matrimonio. Logo dun ano celebrábase o casamento. Duraban entre 3 e 7 días segundo as posibilidades das familias. Non é de extrañar logo que chegase a faltar o viño como nos di o evanxelista. A este casamento é convidada María, e tamén Xesús e os seus discípulos. Neste orde, que é moi importante. Por iso a queixa de Xesús á súa nai, "que teño que ver contigo" como, a este banquete fuches ti invitada. 

Pero pasemos ao que nos interesa. Primeiro que María, como os demáis convidados, necesitan que todo saia ben. Sabedes que o que lle pase aos amigos tamén nos afecta para ben ou para mal. Menudo disgusto, non so para os recén casados, senón para todos, que non houbese viño, sería a faladuría dun ano no pobo. Pero ademáis, porque todos somos partícipes na ledicia dos outros. Que desexa algo ruín a un veciño non merece o nome de amigo, non sei se de veciño. Pero tamén está a facer María o seu papel de Nai e de inicio de Igrexa. Preocupada polo ben de todos, velando para que a ninguén lle falte de nada, desexando que as persoas sexan felices, querendo que a comuñón e unidade se manifesten no signo da alegría compartida, achégase discretamente, sen protagonismos ao seu Fillo. Non so iso, pon os medios, axuda a abrir camiños. Indicando aos servintes "facede o que Xesús vos diga" provoca unha apertura a novidade do Reino. A auga derramada nas tinas, 600 litros, é abrirse á sobreabundancia da graza. Non nos quedemos cortos, teñamos ollada aberta, longa, abrindo procesos como nos di o papa, dispondo a que Deus actúa e facendo o que é extraño aos ollos dos demáis. 

Así comeza a revelación do Señor cunha voda. Adentrarse nos misterios do Reino é:
Ser convidados.
Participar dos procesos persoais de xeito comunitario.
Aportar o mellor de nós mesmos.
Abrirse á graza de Deus.
Disporse no labor.
Ser discretos.
Medrar na fe.
Compartir o que somos.
Que a ninguén lle falte do necesario para ser feliz
Estar dispostos á comuñón e á unidade
Non ter medo e arriscar.
A vida é unha festa non a amargues

Benqueridos irmáns vivamos a nosa fe coa ledicia de sermos convidados a un banquete do casamento. O viño novo está disposto na mesa do altar.

Feliz domingo
Xabier Alonso

No hay comentarios:

Publicar un comentario