domingo, 28 de noviembre de 2021

A QUE ESPERAS?


 E veñen de novo a enchenta e o mercadeo, facendo da vida unha carreira sen tregua de afogar o tremor do corazón con ansias de poder ser ou ter máis. 

Neste domingo comezamos o advento, tempo de espera, esperanza e alento de quen está convencido que a verba de Deus ven facer vida connosco. Catro domingo, que logo pasan, que convidan ao pobo santo de Deus a esperar, pero non como vemos na mocidade coa cachola virada para o chan metidos nas pantallas dos móbiles, e non son so os novos, pois moitos que peitean anos na cabeleira tamén entreteñen o seu pasar o tempo dándolle ao dedo e virarse virais as novas que no teñen máis vida que a do tempo que se esgotan, un cisco coma quen di.O tempo de espera, espranzada e alentadora do advento, ven ser de quen apreixa cada instante e o fai seu, ollando cara ao futuro, aberto á vida, alentado polo que está a chegar, ou máis ben, por quen está por vir, que non é outro que o mesmo Deus.

Pechados nas nosas inquedas espectativas non somos quen de poder ollar a un palmo dos nosos narices. Quen nos vai falar de eternidade? Aqueles mesmos que hai uns meses nos dicían que desta imos saír mellores persoas e boa humanidade? Hoxe o mundo volve estremecer, as orellas levantan guichas á escoita de novas de contaxios e novas hospitalizacións. Acabouse o recreo dos nenos que saen a troulada berrando e ás carreiras. Pero aínda así, as rúas voltan encher de bolsas e bolsos que se cargar de cousas para chegar a casa e dicir con satisfación "xa teño isto, e isto" e penduralo no armario pra polo unha vez, cecáis dúas, ou presumir gabando a mercancía, para que chegue e un e te espete que xa está fora de tempada ou xa pasou de moda. Isto era o bo que iamos ser.

Hai uns meses, o Papa Francisco, nunha basílica de san Pedro baleira dicía ao mundo no día da Pascua que non nos esquzamos dos pobres. Que as vacinas debían chegar a todos e por unha vez demostrar que a humanidade ía camiño de ser nova. E algúns organismos voltaron dicilo. E mentres pon nos brazos dos occidentais a terceira dose, unha nova sombra de enfermidade ven do sur. Podo dicilo? Por avisar non foi. E que? Agora a culpa tamén é de África?

Que esperamos? Pois se che digo a verdade, deste mundo ben pouco. Pero este mundo é o que ama o noso Pai Deus. Como nos amalo! Este mundo é o que ven salvar. E algúns preguntan De que? E fai falta que che responda? De nós mesmos. 

Ainda que a morte cubra de sombras este mundo non poderá perder a beleza do que lle deu feitura.

Benqueridos amigos e amigas estamos á espera.

Feliz domingo
Xabier Alonso


No hay comentarios:

Publicar un comentario