Acaba de comezar a campaña da declaración da renda. As mensaxes que recibimos é a da responsabilidade, a conciencia comunitaria, o ben común, a solidariedade, a colaboración social. O traballo persoal, o beneficio propio, o esforzo dos proxectos, os resultados do labor quedan abertos á sociedade a través da nosa declaración fiscal. Non é so devolverlle á sociedade o que ela me deu para formarme como persoa, como profesional; non é so que teña que contribuir para manter unhas estructuras que garanticen os dereitos esenciais dos cidadáns: saúde, educación, etc. Vai moito máis alá:
1º. A necesidade de redescubrir o lugar que ocupa a persoa no proxecto mundial. Non somos so xeradores de riqueza, maquinarias de produción ou elementos dun deseño. A persoa, como protagonista do seu destino, non so senón no camiño compartido, compleméntase no labor de progreso.
2º. A necesidade de redescubrir o destino dos pobos e do mundo. Todo está chamado a converxer na unidade porque moito nos leva a pecharnos en nós negando a posiblidade de encontro sincero cos demáis, levantando balados e poñendo fronteiras infranqueables
3º. Sabernos membros dunha familia que nos necesitamos, nos complementamos e nos axudamos. Todos temos algo que aportar.
4. Abrir camiños de esperanza sabendo que nada está perdido e ninguén está fora. A vida cosntruímola desde a sinxeleza e a transparencia.
5. Progresar non é so invertir, nin conseguir beneficios. As mellores cousas son gratuidade e gratificantes.
O noso labor, o traballo non so nos beneficia a cada un senón que edifica un mundo mellor. Non estamos sos.
unha aperta
Xabier Alonso
No hay comentarios:
Publicar un comentario