lunes, 2 de septiembre de 2019

POR FIN (4º día da novena)

Chegar ao final é un motivo de gozo. Simeón e Ana estaban á espera da luz das xentes e gloria de Israel. Dous velliños, que con serenidade e ilusión non deixaron de confiar. O templo de Xeusalén converteuse nunha marea de risos, gargalladas, bágoas de ledicia, abrazos de satisfacción. Agora, os xeonllos trementes están anclados dando seguridade como a áncora dun buque. As mans artrósicas saben soster no colo ao meniño nado na miseria. Os ouvidos son abertos para escoitar co balbor dun choro de infante a Palabra creadora dunha nova xeira. Todo se renova e fai que agora os dous anciáns se convertan en testemuñas da vida.
Hoxe lembramos na pregaria ante a Nosa Naiciña aos anciáns. Pomos diante dela as verbas de homes e mulleres anceiantes de luz no camiño da vida.

Xabier Alonso
02-09-2019

No hay comentarios:

Publicar un comentario