martes, 4 de junio de 2019

TESTEMUÑAS DA FE. (4º día da novena)

Monumento ás nais na parroquia da Lamosa
Xa vin o Señor, os meus ollos viron a salvación. As promesas de Deus xa se cumpriron.
A ledicia de Simeón e Ana é a de de quen pode ver, ao fin dos seus días, que a salvación é certa, que Deus non falla, que o mundo non ten un destino fatal. 
O peso dos anos, tan denostado nos nosos días, é a do cofre do tesouro que durante a vida se vai enchendo de experiencias, de gozos, de ilusións cumpridas, ou de cambios obrigados. Pero sempre que se fai coa convicción de que a vida é unha historia feita polo amor de Deus, a luz que alumea aos pobos, chegará de cheo aos corazóns de todos.
Neste día da novena, contempSeñor do tempo e dos anos: os anciáns Simeón e Ana saíron gozosos a recibir o teu Fillo na súa presentación no Templo. Concédenos recoñecer a Xesús como a luz das nosas vidas, e ós que están cansos polo peso dos seus anos, a dita de sentir sempre, como María, que as súas vidas poden ser un bo testemuño de fe no Reino de Deus que se acerca e está presente no teu Fillo Xesucristo. El que vive e reina por sempre eternamente. Amén.lamos a esca da presentación do neno no templo. Hai unha constante que é a presenza e a acción do Espírito. Continuamente se nos lembra que é grazas a El que se descubre ao Salvador, que pola súa acción o canto de Simeón perdura pois é o canto dun pobo que espera a plenitude.
Hoxe lembramos aos máis vellos. A xente maior, en gran número na nosa sociedade, son o tesouro da historia. O Papa Francisco lembra sempre a importancia de saber escoitar aos maiores, custodios da fe recibida e testemuñas da fe entregada. Na carta aos mozos e mozas fala da necesidade de diálogo entre as xeracións.
Disto somos testemuñas nas Romarías. Os máis vellos entregan esta fe aos fillos e netos, e o fan coa solemnidade de entregar o que é de Deus. E é unha fe vivencial, non teórica. A fe da experiencia da vida, do que a cada un lle ten pasado e como o ten vivido.  Ben é certo que os novos teñen que facer as súas aportacións e darlle a súa linguaxe. 
Este ano, coa presenza da mocidade na ofrenda queremos poñer diante de todos esta realidade, que hai novos que viven a fe nunha linguaxe de hoxe, pois o amor non pasa nunca, é sempre actual e vivo.

Feliz día
Xabier Alonso
04-05-2019



Señor do tempo e dos anos: os anciáns Simeón e Ana saíron gozosos a recibir o teu Fillo na súa presentación no Templo. Concédenos recoñecer a Xesús como a luz das nosas vidas, e ós que están cansos polo peso dos seus anos, a dita de sentir sempre, como María, que as súas vidas poden ser un bo testemuño de fe no Reino de Deus que se acerca e está presente no teu Fillo Xesucristo. El que vive e reina por sempre eternamente. Amén.




No hay comentarios:

Publicar un comentario