lunes, 3 de junio de 2019

MADRE. MAMÁ. (3º día de novena)

Hay palabras que son interminables, que no se agotan, que no cansan, que son eternas. Palabras que encierran tesoros y desvelan corazones. Mamá esa palabra que se adentra en la mirada y se deja acariciar. Que besa la belleza de la arrugas y se enternece en el canto de una nana. 
Y María ya es mamá.Da a luz un hijo, el Hijo. La noche se hace día, la gloria en la miseria de los hombres, el cielo pisando tierra. No viene Dios desde fuera, sino que comienza una nueva etapa con nosotros empezando desde abajo, si desde los más humillante, ¿como termina? El que se humilla, en el pesebre, en la cruz, es ensalzado a los más alto, poniendo su trono en lo más sagrado, pues reina en el corazón del hombre. Tu alma el pesebre, tu vida Calvario, tu ser hijo en el Hijo glorificado.

Neste terceiro día da novena das pascuillas contemplade os recunchos máis cativos das parroquias, os escondites das aldeas, as moradas discretas do silencio dos fogares, o silencio dos quinteiros, as tardes nos anellos, as olladas nos labradíos. Qué ves? Pobreza. Non porque non teñamos nmedios de subsistencia, podemos sobrevivir. Pobreza interior, pobreza de esperanzas, pobreza de silencios pensativos de futuros truncados. Non hai berros de nenos xogando nos camiños, nin cantos de homes e mulleres que van xuntos ao traballo. Pois nesa é onde ven unha palabra nova, de esperanza certa. Pero ergue os ollos porque ven do ceo o canto dos anxos anunciado a gloria do Señor. Deuxa que María diete o seu carrapuchiño ao carón do lume, onde a pota e o cazo fan o xantar dos pequenos. Ser de aldea non é un trauma, nin vergonza, nin cousa antiga e allea. Pero, somos nós, os primieros en devolverlle a dignidade, ennobrecela coa solemnidade de ser escollidos polo Señor.

Cando dentro de oito día van chegando as comitivas procesionais, revordan de fermosura e galanía. Mantos e vestidos da Virxe engalanadas como para unha voda. Enxoiadas coma raíñas, peiteadas e adornadas coma princesas. Pero a mellor xoia, a fermosura máis grande, a homenaxe máis solemne é a dos seus fillos aos pes, co sorriso da ledicia de sermos escollidos para o Señor, coma ela. Non nos deixemos cosificar por aqueles que queren facer das aldeas espazos do antigo, añoranzas do pasado, reliquias de antergos. Non, esta é a vida dos que somos de hoxe. Por iso, poñamos nese día a dignidade do ser crente ben alta, non sexamos fanchotes, nin caiamos na verba de quen as palabras veñen dos excesos. Esteamos cheos da vitalidade da fe, la seguridade na esperanza e da constancia na caridade.

Que as palabras sexan dos seus fillos á mamá. 

Feliz día
Xabier Alonso
03-06-2019

No hay comentarios:

Publicar un comentario