sábado, 15 de abril de 2017

Diálogos ao pe da cruz.



A pasada noite de Venres Santo, o Santuario da Franqueira converteuse nun lugar de encontro, escoita e diálogo coa Cruz de Cristo. Membros das parroquias de Franqueira, Prado da Canda e Lamosa fixeron os cadros escénicos, en que, os personaxes da paixón dialogaban esa noite sobre oq ue acontecera. A dificultade de asumir a responsabilidade por parte de Xudas e Pedro, ante a negación e a traizón, pero tamén a nosa responsabilidade. As evasivas de Caifás e Pilato sobre a sentenza a morte que fixeran. A transformación e conversión de Simón de Cirene e Verónica. O futuro ante a atencióna María por parte de Xoan e as mulleres: Salomé, Magdalena e María de Santiago.
GRaciñas a todos pola participación e o empeño en lograr que esta noite fose tan especial.
Moi agradecidos ao equipo interparroquial de evanxelización e aos que colaboraron.

No hay comentarios:

Publicar un comentario