jueves, 31 de marzo de 2016

NON BUSQUEDES ENTRE OS MORTOS


Teño a impresión que o aire pesimista e negativo que nos poñen aos galegos, xuntamente coa nostalxia e a morriña, ten razón de ser. ¡Cánto nos custa ser positivos!. Asemade de sermos un pouquiño, perdón un "pouquiño" cainitas e ter un certo desexo que as cousas non lle vaian tan ben aos veciños. ¡Miña nai! parece que estou facendo unha lectura moi pesimista, pero creo que non me falta razón. Creo que se confunde a ledicia, ser axeitadamente alegres, co pasalo ben e estar de troulada, pero ata iso cansa. Este pesimismo e a necesidade de ser verdadeiramente felices non atopa a súa resposta na fe. Penso que nos identificamos máis coas bágoas da Magdalena ao pe do sepulcro que a ledicia de ver ao Resucitado, que camiñamos nas conversas do mal que vai todo dos dous de Emaús, en lugar de que arda o noso corazón por escoitar a súa voz; de pecharnos en nós como Tomás en lugar de proclamar "meu Señor e meu Deus". Seguimos a buscar respostas no sepulcro e lugar de ver a luz do Resucitado. 
Benqueridos amigos, pecharnos en nós non conduce máis que a unha tristura, ás veces enfermiza. Non abrir os ollos para ver ao Señor, non fai máis que non vexamos o camiño de volta para sermos mensaxeiros da Boa Nova. Estamos nos tempos da compaixón e do perdón, da misericordia, e con ela achégase a nós o que non foi vencido pola morte, senón que rompeu as portas para que vivamos. As tebras foron atravesadas pola luz da vida.

Nosa Señora da Franqueira axúdanos a sermos alegres pregoeiros da Boa Nova.

Feliz día
31-03-16

No hay comentarios:

Publicar un comentario