viernes, 24 de octubre de 2014

A MINADA. NOVEMBRO.O PODER QUE NON SE VE

O poder que non se ve
Foto: Eloy Vidal
Ás veces dáme a impresión que estamos a participar nun gran xogo de Roll no que cada un dos membros é unha peza dun taboleiro. Os países son coma equipos no que cada un ten que acadar a vitoria sobre os demais, ou facer pactos para derrotar a un inimigo común, que ás veces é necesario para ter os peóns ben adestrados. Posiblemente a miña imaxinación faga ver no ámbito xeral o que estamos acostumados, o que lle chama o Papa Francisco a globalización da indiferencia, e que o que máis arrisca non é o que poida levarse por diante máis peóns do xogo, senón o que permanece invicto despois de ser combatido fortemente por artimañas escuras que so eles poden discernir. Insisto, é moita imaxinación.
Na lectura e lectura da Evangelii gaudium, que me está a desbordar nas súas páxinas, e que realmente me embarga, quero traer á luz unha frase do número 55, e que está no tñitulo “Non á nova idolatría do diñeiro”, remarcando que convertemos o diñeiro e todo o que leva, ó novo becerro de ouro, ante o que, con sometemento nos humillamos e adoramos. Di así: “Instaurase unha nova tiranía invisible, ás veces virtual, que impón, de xeito unilateral e implacable, as súas leis e as súas regras”. E suliño e remarco o de tiranía invisible. Si, o xeito implacable e silencioso con que os poderes, que ata consegue silenciar as conciencias, con que se chegan a tomas as decisións, que sorprendentemente seguen a facer máis ricos ós ricos, a ós pobres miserables. É o taboleiro do xogo no que se compra e se vende, se negocia e se trafica, se cambia e se muda, se descarta e se anula.
Pero que non nos quede a sensación de que hoxe saín da cama depresivo ou pesimista. Non. Senón rescatar para nós o poder do que si se ve, se recoñece, se descubre, se comunica, transforma, iguala, da vida e frescor, como non podería ser doutro xeito o amor. Claro, e cando falas disto, os racionalistas, os teóricos e científicos, os economistas e sabeo todo, que so confían no que se ve... pero que me ensinen onde están os que impoñen as súas tiranías, dicindo que a estas alturas falar de amor queda un pouco cursi e fora de lugar.
Ai meus amigos!, se non fora polo amor, ónde estaríamos nós?. Pois si, o único que pode salvar, liberar, transformarnos, é o amor manifestado en Aquel que “sendo rico fíxose pobre para enriquecernos coa súa pobreza.
Se pensamos que as cousas non van cambiar, lembremos que Xesucristo venceu sobre o pecado e a morte e está cheo de poder. Xesucristo verdadeiramente vive” EG 275
O poder invisible, o amor, é o Señor.

No hay comentarios:

Publicar un comentario