Hoxe celebramos na nosa Diocese a festividade do seu patrón o Benaventurado Pedro González Telmo. Unha oportunidade de reunirnos na nosa Igrexa Catedral para honrar ao evanxelizador, peregrino, home de caridade e de visión profética da realidade, misericordioso, creativo de iniciativas comunitarias. Telmo segue a ter a actualidade dos homes e mulleres traspasados polo evanxeo.
Na procesión da mañá o bispo porta o seu caxato. É unha imaxe moi suxestiva, o pastor da nosa Diocese leva nas súas mans o bastón que acompañou a quen andivo camiños da nosa terra levando a Palabra de Deus.
Pidamos ao noso patrón que acompañe con amor a todos os que formamos esta Igrexa. Que o noso camiño saibamos facelo xuntos convidando a todos a participar nesta aventura da vida con ledicia e esperanza.
No hay comentarios:
Publicar un comentario