jueves, 3 de abril de 2025

TESTEMUÑAS DA GLORIA DE DEUS


TESTEMUÑAS DA GLORIA DE DEUS 

Todos somos conscientes da importancia que teñen as testemuñas na sentencia que poida establecer un tribunal. A palabra dunha testemuña ten a suficiente solidez como para declinar a balanza cara un lado ou outro. Todos os días vemos no medios declaracións de personaxes públicos ou non tanto que asumen ou se excusan dun suposto delito que lles imputan. A palabra está en boca de todos para dar opinión, pero non é o mesmo que unha declaración. Por certo, dicir que determinados grupos aánda que leven o nome de cristiáns e plantexen moitas accións xudiciais non son represnetación da Igrexa e moito menos da gran maioría dos católicos. Dito isto, hoxe damos carta de cidadanía como testemuño incluso a comentarios ou declaracións falsas e mentiras que acaban facendo das relacións humanas un campo de batalla dialéctico.

No evanxeo de hoxe estamos a ver a Xesús como se atopa no debate sobre quen garante a súa acción, a súa procedencia, quen testemuña a favor del. Pois na xursiprudencia xudea necesítase a testemuña fiable para poder ser acollida a persoa. Xesús vota man da declaración do Pai, manifestado na historia da Slavación, pero o recoñecemento desta testemuña ten o inconvinte de ser necesaria a fe; a declaración de Xoán Bautista, que foi quen de testemuñar a luz e a súa chegada; presneta a declaración testemuñal da Palabra representada en Moisés... e se iso non da crédito polo menos crer nos signos, nas obras que realiza.

O ambiente en ¡torno a Xesús estase a volver de cada vez máis desconfiado e ameazante. A palabra acusadora dos contrarios está a ser cada vez máis agresiva. Xesús fai tambalear as estructuras mentais, e pon o foco no que debería ser o fundamento do crente a gloria de Deus. Nisto necesitamos tamén nós vivir unha fonda conversión e desterrar as actitudes que nos alonxan do camiño da fe.

Ser testemuña non é unha tarefa individual, senón que o que diciemos e facemos debería ser abalado pola comunidade crente e sempre para dar gloria ao noso Deus. pois de que nos vale darnos gloria a nós mesmos? De que nos serve que poidan falar ben de nós? 

No hay comentarios:

Publicar un comentario